Soma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
O pericarion contén todos os [[orgánulo]] típicos, incluíndo uns gránulos característicos chamados [[corpos de Nissl]] e inclusións e un [[citoesqueleto]] moi desenvolvido. O [[aparato de Golgi]] é semicircular e está situado a metade de camiño entre o núcleo e a [[membrana lasmática]] e nas tincións clásicas con prata ou osmio perfilábase perfectamente. As [[mitocondria]]s son moi numerosas e con forma de bastonciño, pero son xeralmente máis pequenas ca as dos tecidos non nerviosos e as súas cristas non se orientan sempre transversalmente como é máis común, senón que con frecuencia son paralelos ao eixe maior da mitocondria. Os [[centriolo]]s están presentes nas células preneuronais embrionarias, pero son menos frecuentes nas células adultas de vertebrados.
 
No pericarion poden aparecer [[vesícula]]s especializadas cargadas de substancias, como as vesículas das células produtoras de catecolaminas que conteñen o neurotransmisor, ou as vesículas cargadas de hormonas das neuronas do hipotálamo<ref name="fawcett">{{cita libro| autor= D. W. Fawcett| título= Tratado de Histología| ano=11ª edición| editotial= Interamericana-Mac Graw Hill| páxinas 313-322}}</ref>. No pericarion son frecuentes as inclusións en forma de gránulos de pigmentos escuros, que en neuronas como as da substancia negra son de [[melanina]]. tamén son moi comúns os gránulos de [[lipofuscina]] e as gotiñas de [[lípido]]s. Son máis raros os depósitios granulares de ferro, que aparecen nalgunhas neuronas como as da substancia negra ou o globo pálido. Polo contrario, as neuronas diferenciadas non presentan gránulos de [[glicóxeno]].
 
Os [[corpos de Nissl]] son característicos das neuronas e destacan tinguindo a célula con colorantes básicos. Aparecen como masas fortemente basófilas formadas por cisternas do [[retículo endoplasmático]] rugoso dispostas de xeito ordenado e paralelo <ref name="fawcett" />. Conteñen moitos [[ribosoma]]s, e polirribosomas, polo que son áreas de intensa síntese proteica. oO seu tamaño e distribución varía dunhas células a outras e co estado patolóxico<ref name="squire">{{Cite book|autor=Larry Squire, Darwin Berg, Floyd Bloom, Sascha du Lac, Anirvan Ghosh, Nicholas Spitzer |título=Fundamental Neuroscience |edition=3rd |ano=2008 |publisher=Academic Press |isbn=978-0-12-374019-9}}</ref>.
 
O [[citoesqueleto]] está moi desenvolvido. Os seus principais compoñentes son neurofilamentos e microtúbulos. Os neurofilamentos están constituídos por tres proteínas trenzadas. Tanto os neurofilamentos coma os microtúbulos están dispostos en feixes que ocupan os espazos entre os corpos de Nissl e a aparato de Golgi, e continúanse polas dendritas e axón.