Bravú: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
revisión
Xenxo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Liderados por artistas como [[Xurxo Souto]] ou [[Antón Reixa]], agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Javier Valiño no libro "A paixón que queima o peito". En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas».
 
Formulado dende a periferia da Galicia rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da xuventude das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos que llenon faiten reparos en facerlle as beiras ó heavy (música de barrio á fin e ó cabo) e ós latidos caribeños. Unha identidade que mira, así mesmo, ás tradicions populares máis charnegas: sexan [[orquestra]] de verbena, [[gaita]]s de romería, [[pandereteira]]s, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans [[fútbol|futbolísticos]]. Non en van, os forofos do [[Depor]] soen levar nas súas saídas ó exterior música de grupos senlleiros do bravú, como [[Os Diplomáticos de Monte-Alto]], [[Heredeiros da Crus]] e Os Escornabois.
 
O auxe e a caída do bravú coincide coa explosión do denominado novo [[folk]] galego, unha posta ao día da [[música]] popular que viñan dende fai vinte anos divulgando por todo o mundo formacións tan cruciais como [[Milladoiro]].