Diferenzas entre revisións de «Alcuíno de York»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: pms:Alcuin ëd York)
mSem resumo de edição
'''Flaccus Albinus Alcuin''' (''circa'' [[735]]-[[804]]), ou '''Alcuíno de York''', foi un monxe inglés e conselleiro de [[Carlomagno]]. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de [[York]], en [[Inglaterra]], foi o principal conselleiro de [[Carlomagno]] en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi [[abade]] do mosteiro de [[San Martiño de Tours]].
 
== Traxectoria ==
Recibiu a súa educación na escola catedralicia de York co seu mestre [[Ethelberto de York]], a quen acompañou a [[Roma]] na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de York, en [[766]], Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Volveu outra volta a Roma en [[780]] para recoller o [[palio]] do arcebispo [[Eanbaldo I de York]] e en [[Parma]] coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo ao fronte das abadías de [[Ferrieres]] e [[Saint-Loup]], en [[Troyes]].
 
 
Alcuíno escribiu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de [[Salzburgo]] e a [[Carlomagno]]. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións [[pío|pías]], fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do [[humanismo]] na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: [[epístilo]]s no estilo de [[Fortunato]], poemas longos e unha historia en verso da igrexa de York, ''Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae''. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escribiu así mesmo varios tratados teolóxicos, como ''De fide Trinitates'', comentarios sobre a [[Biblia]], etc.
 
 
== Obras ==
44.815

edicións