Anticlericalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: ca:Anticlericalisme
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''anticlericalismo''' é un movemento histórico contrario ao [[clericalismo]], é dicir, á influencia excesiva das institucións relixiosas nos asuntos políticos.

== Características ==
A súa base sostén que as crenzas relixiosas pertencen ao ámbito exclusivamente privado do cidadán e con todo, as organizacións que as sustentan, ao formarse como institucións, exercen influencias indesexables, políticas e públicas, no conxunto social. Tamén se denomina anticlericales aos que, mantendo crenzas relixiosas, cuestionan o papel de mediador que exerce o [[clero]] na profesión de fe.
 
Nun sentido estrito, o anticlericalismo é un [[laicismo]] combatente e activo que trata de manter dentro do ámbito persoal as conviccións relixiosas. As derivacións deste pensamento foron moitas: nuns casos o movemento anticlerical foi acompañado de actos violentos contra edificios relixiosos ou contra as persoas; noutros tivo un contido máis intelectual e político.