Etruscos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: scn:Etruschi
Paradanta (conversa | contribucións)
Arranxos de formato
Liña 1:
[[Ficheiro:Civilizacion etrusca.png|thumb|300px|Extensión da civilización etrusca]]
Os '''etruscos''' apareceronforon un pobo europeo que apareceu entre os séculos VIII-VII a.C. nun espazo comprendido entre os ríos [[río Arno|Arno]] e [[río Tíber|Tíber]], entre o mar Tirreno e os montes Apeninos. A súa orixe foi obxecto de grandes controversias, pero parece fóra de toda dúbida que son de orixe oriental, ou que polo menos teñen elementos orientais na súa cultura. Provirían da [[Lidia]], de onde se viron na obriga de emigraren a raíz da invasión indoeuropea de Asia Menor. Formarían parte dos chamados [[Pobos do Mar]], protagonistas das grandes migracións que trocaron o escenario do Mediterráneo Oriental.
 
== Historia==
Ao principio, dedicáronse ás correrías e á piratería, ata que a súa superioridade militar lles permitiu imporse ás poboacións autóctonas ([[umbros]], [[lígures]], etc,...). Xa no [[século -VII|VII a C.]] constituíran un poder forte e dominaban un territorio que se chamou [[Etruria]], fundando tamén a cidade de [[Tarquinia]]. Foi entón cando emprenderon a súa política expansiva, ocupando as rexións contiguas a [[Umbría]] e expandíndose polo val de [[río Po|Po]]. A eles se debe a fundación de [[Parma]], [[Mantua]] e [[Milán]] e a ocupación de numerosas cidades, como [[Cortona]], [[Perusa]], [[Boloña]] e varios portos do Tirreno e comarcas como o [[Piceno]]. No [[-540|540]] a.C. aliáronse cos [[cartaxineses]] para expulsar os gregos de [[Córsega]] e despois lanzáronse á conquista do [[Lacio]] e da [[Campania]]. O seu contacto cos gregos da colonia de [[Cumas]] permitiulles adoptar algúns elementos da súa civilización, como o [[alfabeto etrusco|alfabeto]].