One Foot in the Grave: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m {{Título en cursiva}}
mSen resumo de edición
Liña 17:
}}
 
'''''One Foot in the Grave''''' é o cuarto álbum de estudio do músico de [[rock alternativo]] estadounidense [[Beck]], editado o [[27 de xuño]] de [[1994]] a través do selo independente K Records.

== Características ==
Ao igual que o seu predecesor, ''[[Stereopathetic Soulmanure]]'', o álbum nunca entrou na listas, porén ''One Foot in the Grave'' reforzou a reputación de [[Beck]], permitindo que o seu álbum ''[[Odelay]]'', aparecido dous anos despois, chegase ao gran público. Neste disco pode verse unha forte influencia [[folk]] máis pronunciada que nos outros álbums dese tempo, máis eclécticos. ''One Foot in the Grave'' gravouse antes da edición do ''[[Mellow Gold]]'', pero non se lanzou ata que este foi coñecido e acadou un certo grao de éxito.
 
O álbum conta coa produción e coros ocasionais de Calvin Johnson, fundador de K Records, e foi gravado no Dub Narcotic Studio, que estaba situado no sótano de Calvin.