Diferenzas entre revisións de «Zhang Heng»

lig int
(lig int)
[[Ficheiro:Zhang_Heng.jpg|thumb|Zhāng Héng.]]
 
'''Zhang Heng''' ([[Lingua chinesa|chinés]] simplificado: 张衡; [[Lingua chinesa|chinés]] tradicional: 張衡; [[pinyin]]: Zhāng Héng; [[Wade–GilesWade-Giles]]: Chang Heng) foi un [[astronomía|astrónomo]], [[matemáticas|matemático]], [[invento|inventor]], [[xeografía|xeógrafo]], [[cartografía|cartógrafo]], [[pintura|pintor]], [[poesía|poeta]], home de [[estado]], [[escritura|escritor]] e profesor de [[literatura]] [[China|chinés]], nacido en [[Nanyang]], [[Henan]] o ano [[78]] da nosa era, e morto en [[139]].
 
==Traballos principais==
 
Durante unha longa época da súa vida foi astrónomo real baixo a [[Dinastía Han]] do Leste, e trazou un dos primeiros [[mapa]]s estelares, rivalizando co que creou [[Hiparco de Nicea|Hiparco]] no ao [[129]] a. C., e descoñecido para Zhang. Neste mapa situou as posicións exactas de 2.500 estrelas e bautizou unhas 320. Estimou que o [[ceo]] nocturno, do que só podía ver unha parte, contiña 11.500 [[estrela]]s, unha cifra exaxerada para un observador con boa vista, pero non foi unha mala estimación. Explicou as [[eclipse]]s [[Lúa|lunares]] correctamente, argumentando que se producían cando a Lúa atravesaba a sombra da Terra, e imaxinou a Terra como unha pequena esfera suspendida no espazo, rodeada por un inmenso e lonxanísimo ceo esférico. No ano [[123]] corrixiu o [[calendario]] para facer cadrar as [[estación]]s do ano.
 
 
==O detector de terremotos==
 
[[Ficheiro:EastHanSeismograph.JPG|thumbnail|left|150px|Réplica do detector de terremotos de Zhāng Héng.]]
O traballo máis famoso de Zhang Heng foi o "detector de terremotos" que perfeccionou no ano [[132]], mil setecentos anos antes do primeiro [[sismógrafo]] europeo.
95.742

edicións