Diferenzas entre revisións de «Webcómic»

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: hu:Webképregény)
O formato dixital difire ostensibelmente do papel, proporcionando aos autores toda unha serie de diferentes posibilidades. En primeiro lugar habería que facer referencias aos aspectos económicos e de distribución. Internet permite abaratar os custos e proporciona independencia editorial aos autores ao non facelos depender de editores ou de grandes grupos mediáticos ou de distribución. Isto reflíctese nun aumento das temáticas, sobre todo en países de moral máis conservadora, permitindo a introducción de temáticas abertamente violentas ou de contido sexual.
 
Por outro lado, o formato dixital tamén proporciona novas posibilidades técnicas que permiten superar as limitacións do papel e, ao mesmo tempo, a [[internet]] tamén pode ser utilizada para procurar novas perspectivas para a BD. [[Scott McCloud]], un dos pioneiros das webcómics (alén de destacado teórico do medio), desenvolveu a idea de ''viñeta infinita'' que fala de liberar á viñeta dos límites impostopsimpostos pola imprenta. Outros autores como [[Mark Fiore]] teñen experimentado coa interactividade e a inclusión de [[animación]].
 
Outros autores tamén teñen traballado coa utilización de [[hipertextos]] ou mesmo con técnicas próximas ás do [[collage]], coa utilización de [[fotografía|fotos]], [[clipart]], [[sprite (videoxogos)|sprite]], [[3D]] etc.
 
[[Categoría:Internet|Webcómic]]
[[Categoría:
 
[[ar:وب كومكس]]
897

edicións