Ponte disulfuro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
== Bioxénese e localización celular ==
 
Nas proteínas que conteñen gran número de [[cisteína]]s, a disposición correcta das pontes disulfuro necesita ás veces a intervención dun [[encima]] específico que posúa unha actividade de disulfuro isomerase como a PDI (''proteína disulfuro isomerase''). Este labor realízano asos proteínasencimas do [[retículo endoplasmático]] rugoso, pero non asos do [[citosol]]. O [[citosol]] das [[célula]]s é un ambiente moi redutor, e consecuentemente as proteínas citoplásmicas conteñen poucas ou ningunhas pontes disulfuro. Estas encóntrase sobre todo en proteínas exportadas a outros compartimentos celulares, como o lisosoma, ou fóra da célula. Tamén se encontran nos dominios extracelulares das proteínas de membrana, e interveñen en concreto na [[oligómero|oligomerización]] das subunidades de certos receptores como o receptor da [[insulina]].
 
A reacción principal por medio da cal se forman ou rearranxan as pontes disulfuro nas proteínas é a reacción de intercambio tiol-disulfuro. Esta reacción non fai variar o número de pontes (como fai a oxidación-redución) senón que cambia a súa posición.