Raxó, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 36:
A mediados do século XV, época de gran esplendor para [[Pontevedra]], o mercador [[Ares García de Rajó]], rexedor perpetuo da Vila, casado con María do Río, fixeron as bases do que pasado o tempo chegou a ser unha das familias burguesas máis sobranceiras de Pontevedra pois, detentaron ós seus descendentes cargos vitalicios na vila e dotáronse das prerrogativas propias do seu status social. En 1536, edificoulle a casa o pedreiro mestre Diego Gil. Dita casa sitúase no nº 11 da rúa dos soportais da Ferrería, e ten unha inscrición en caracteres góticos na imposta da fachada e sobre os arcos, que di ''Esta obra mandou fazer o moito nobre senhor Ares Garcia de Raioo, regidor desta vila. Era de mil e quinhentos e trinta e seis anos''.
 
En 1581 Antonio García de Rajó, fundou o vínculo e morgado dos Rajó. Este mesmo señor fixo construír en 1590 a denominada capela da Anunciación no [[convento de San Francisco de Pontevedra]]. Aínda hoxe pode lerse a inscrición que di ''Antonio GarcíaGarcia de RajóoRaioo fundófundo yi dotódoto esta capilla con obligaciónobligacion de tres misas en cada semana. Año 1590''.
 
Outra familia que colaborou co convento de San Francisco foi a de Manuel Domínguez de Rajóo. Baixo a advocación de San Lourenzo, en 1673 fíxose unha fundación con licencia de Juan García de Rajóo e María da Veiga, os seus pais, e cedeulles as sepulturas que están o pé do altar e no nicho da dereita, coa obriga de "facer e pintar o retablo".