Unió Esportiva Lleida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: en:UE Lleida; cambios estética
Liña 23:
A '''Unió Esportiva Lleida''' é un club de [[fútbol]] [[España|español]] da cidade de [[Lleida]], en [[Cataluña]]. Foi fundado en [[1939]] e xoga na [[Segunda división B española]].
 
== Historia ==
=== Os primeiros anos ===
Logo da [[Guerra civil española]], na primavera de [[1939]], membros de varias sociedades deportivas como o ''Lleida Sport Club'', o ''Club de Fútbol Calaveres'' e a ''AEM'' fundan o ''Lleida Balompié'', froito da necesidade dun club de fútbol na cidade de [[Lleida]]. Esa mesma tempada, con Sebastià Tàpies como presidente e José Pérez como adestrador, o equipo proclámase campión de Segunda Rexional Ordinaria, aínda que perde a promoción co Olot. Con todo, nos anos posteriores, vive a súa primeira época dourada e na tempada 1943-44 debuta en [[Terceira división española|Terceira división]]. O [[9 de marzo]] de [[1947]], o ''Lleida Balompié'' fusiónase co ''Club Deportivo Leridano'', equipo fundado en [[1941]] e de ideoloxía [[Franquismo|franquista]], nacendo así a '''Unión Deportiva Lleida'''. Na tempada 1949-50, a do debut en [[Segunda división española|Segunda división]], o equipo consegue o ascenso a [[Primeira división española|Primeira división]] logo de terminar a competición e a liguiña de ascenso como subcampión. En apenas dez anos, o club xa está entre os mellores.
 
=== Un debut para esquecer ===
A tempada 1950-51, a do debut en [[Primeira división española|Primeira]], é unha mestura de esperanza e desilusión, xa que o equipo descende logo de gañar só seis partidos e encaixar 134 goles (marca en toda a historia da competición). O club, presidido por Eduard Estadella, e o equipo, adestrado por Emili Vidal, fai todos os esforzos posibles pero encaixa goleadas de escándalo como un 10-0 ante o [[Athletic de Bilbao|Athletic]] ou un 10-1 contra o [[Deportivo da Coruña|Deportivo]]. Froito deste esforzo, chegan a Lleida os tres primeiros xogadores estranxeiros da súa historia: o italiano Sergio Del Pinto e os arxentinos José Valle e Vicente Di Paola. Con todo, o mellor xogador desta campaña foi o dianteiro vasco Ignacio Bidegain, con 8 goles en 17 partidos. Posteriormente, o Lleida roza o ascenso de novo, na tempada 1953-54, pero perde a promoción de ascenso logo de terminar terceiro a competición con "[[Lelé]]" no banco. O Lleida mantense entre [[Segunda división española|Segunda]] e [[Terceira división española|Terceira]] as seguintes tempadas pero toca fondo co descenso a Rexional Preferente na tempada [[1969]]-[[1970|70]].
 
=== De Segunda B a Primeira ===
O Lleida renace das súas cinzas e na tempada 1977-78 convértese nun dos fundadores dunha nova categoría, a [[Segunda división B española|Segunda B]], na que permanece as dez primeiras campañas. Ademais, é un dos equipos habituais nas últimas roldas da [[Copa do Rei]] e na tempada 1985-86 consegue unha das súas mellores actuacións chegando a oitavos de final, onde o [[FC Barcelona|Barça]] elimínalle pola mínima. A finais da tempada 1987-88, co equipo abocado ao descenso a [[Segunda división B española|Segunda B]] tras dúas campañas en [[Segunda división española|Segunda]], chega ao banco o que será o mellor adestrador do club en toda a súa historia, José Manuel Esnal "Mané". Co de Balmaseda, que dirixiu 250 partidos no Lleida, conséguese o retorno á categoría de prata e o retorno a [[Primeira división española|Primeira]] 43 anos despois, logrando o título máis importante ata a data, o de campión de [[Segunda división española|Segunda]] na tempada [[1992]]-[[1993|93]]. Os azuis terminan a competición con só catro derrotas e 20 goles encaixados, polo que o porteiro croata Mauro Ravnic consegue o [[trofeo Zamora]] da categoría.
 
=== Outro desencanto ===
A tempada do retorno a [[Primeira división española|Primeira]] volve ser decepcionante, xa que se volve a descender. A pesar de que o Lleida logra dúas vitorias de mérito: 0-1 no campo do [[FC Barcelona|Barça]] e 2-1 ante o [[Real Madrid]] no Camp d'Esports, o persoal non se axusta o suficiente e termina penúltimo con sete vitorias e a tres puntos da promoción. O club non acerta coas fichaxes e menos cos xogadores estranxeiros, xa que o danés Soren Andersen, chamado a ser o goleador do equipo, termina a Liga con só dous tantos, mentres que o bosníaco Nikola Milinkovic faino con seis. Os que si cumpren son Ravnic e o uruguaio Gustavo Matosas, que chega mediada a tempada e co equipo abocado ao descenso. Mané segue no cargo ao terminar a tempada e á seguinte rózase o retorno a [[Primeira división española|Primeira]]. Con todo, o Lleida, que terminara a competición terceiro, perde a promoción contra o [[Sporting de Gijón]] tras un 2-2 no Camp d'Esports e un agónico 3-2 no Molinón. É o fin da era de Mané, oito tempadas cheas de éxitos.
 
== Estadio ==
O Lleida xoga no [[Camp d'Esports]], inaugurado en [[1919]], con capacidade para 13.500 persoas aproximadamente. Ten unhas dimensións de 102 x 68 metros.
 
== Uniforme ==
* '''Uniforme titular''': Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
* '''Uniforme alternativo''': Camiseta vermella, pantalón negro e medias vermellas.
Liña 86:
{{Fs end}}
 
== Palmarés ==
=== Torneos nacionais ===
* '''[[Segunda división española|Segunda División de España]] (1):''' [[1992]]-[[1993|93]]
* '''[[Segunda división B española|Segunda División B de España]] (2)''' [[1989]]-[[1990|90]], [[2003]]-[[2004|04]]
* '''[[Terceira división española|Terceira División de España]] (3)''' [[1948]]-[[1949|49]], [[1963]]-[[1964|64]], [[1964]]-[[1965|65]]
* Subcampión da [[Segunda división española|Segunda División]] (1): [[1949]]-[[1950|50]]
* Subcampión da [[Segunda división B española|Segunda División B]] (1): [[1986]]-[[1987|87]]
Liña 96:
* Subcampión da [[Copa Catalunya]] (2): [[1992]], [[1999]]
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.unioesportivalleida.cat Páxina oficial do club]
* [http://www.unioesportivalleida.com Páxina non oficial do club]
Liña 107:
[[ca:Unió Esportiva Lleida]]
[[de:UE Lleida]]
[[en:LleidaUE 1939Lleida]]
[[es:Unió Esportiva Lleida]]
[[fi:UE Lleida]]