Raxó, Poio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
En 1404, Frei Juan García, abade nº 29 do [[mosteiro de San Xoán de Poio]] afora a Juan de Rajoo o mozo e a súa muller Inés Yanes, veciños de [[Tenorio, Cotobade|San Pedro de Tenorio]].
 
A mediados do século XV, época de gran esplendor para [[Pontevedra]], o mercador [[Ares García de Rajó]], rexedor perpetuo da Vila, casado con María do Río, fixeron as bases do que pasado o tempo chegou a ser unha das familias burguesas máis sobranceiras de Pontevedra pois, detentaron ós seus descendentes cargos vitalicios na vila e dotáronse das prerrogativas propias do seu status social. En 1536, edificoulle a casa o pedreiro mestre Diego Gil. Dita casa sitúase no nº 11 da rúa dos soportais da Ferrería, e ten unha inscrición en caracteres góticos na imposta da fachada e sobre os arcos, que di ''Esta obra mandou fazer o moito nobre senhor Ares Garcia de Raioo, regidor desta Vilavila. Era de mil e quinhentos e trinta e seis anos''.
 
En 1581 Antonio García de Rajó, fundou o vínculo e morgado dos Rajó. Este mesmo señor fixo construír en 1590 a denominada capela da Anunciación no [[convento de San Francisco de Pontevedra]]. Aínda hoxe pode lerse a inscrición que di ''Antonio García de Rajóo fundó y dotó esta capilla con obligación de tres misas en cada semana''.