1804: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.6.2) (Bot: Engado: mg:1804
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: yi:1804; cambios estética
Liña 1:
[[1803]] < '''1804''' < [[1805]]
{{Sec19}}
== Acontecementos ==
=== Alemaña ===
* Na cidade de [[Viena]], o compositor alemán [[Ludwig van Beethoven]] anula a súa dedicatoria da Terceira Sinfonía (bautizada co nome de "Heroica") a [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]], o ter noticia da proclamación de Napoleón como emperador, e cambia a dedicatoria pola frase de: "na memoria dun gran home". Os seus motivos son estes: "¡Non é máis que un home como os demais! A partires de agora pisoteará todo os dereitos humanos ... e converterase nun tirano".
* O farmacéutico Friedrich Wihelm Sertürner descubre a [[morfina]], principal alcaloide do [[opio]] que será empregado no seguintes anos na maioría das aplicacións terapéuticas.
* O [[17 de marzo]] na cidade de [[Weimar]], o poeta e dramaturgo Friedrich von Schiller estrea a súa obra "[[Guillerme Tell]]", o drama (de 5 actos) esta inspirado na "Crónica suíza" de Tschudi. O autor xa levara anteriormente a escena o conflito entre o home e a sociedade (coa estrea do drama "María Estuardo" no [[1801]]), e a loita pola independencia da nación (coa obra "A Doncela de Orleans" no [[1802]]). Na contra, [[Guillerme Tell]] é un heroe a quen a súa paixón pola liberdade o leva a realizar as máis grandes fazañas. A conxura dos cantóns suízos e o cínico desafío do maxistrado Gesller, que acusa a Guillerme de rebelión e ordea que atravese cunha frecha a maza colocada por enriba da cabeza do seu fillo, confiren a obra un alento que se espalla co escenario de lagos e montañas. Guillerme Tell será a derradeira obra de Schiller, xa que morrerá no [[1805]], deixando unhas vinte pezas por concluir. Friedrich von Schiller nacera en Marbach un [[10 de novembro]] do ano [[1759]]. Fillo dun militar, a educación fixo del un home de cultura universal. Co traslado do seu proxenitor a Ludwigsburg, en cuxa academia ingresou o xove Schiller. No [[1787]] marchase a Weimar onde mantivo amizade con Herder e Goethe, a vez que comenzaba a súas investigacións sobre a historia; da cales sairía "Guerra europea de XXX anos". No [[1790]] inicia estudios sobre Kant e catro anos máis tarde afianza a súa amizade con Goethe con que publica no [[1797]] "Xenias". Cofundador na súa xuventude do movemento prerromántico do "Sturm und Drang", toma conciencia a partir do seu coñecemento sobre Kant dos problemas morais do home con relación a sociedade. Con iso convertese nun [[epónimo]] do clasicismo alemán; a súa obra poética plasmase en baladas, cantos cunha sinxeleza e grande profundidade ética, e os himno. Os temas maxestoso, de entre os cales o máis coñecido é "Canto da campá" foi incorporado por [[Beethoven]] como "Himno da alegría" no derradeiro movemento da súa Novena sinfonía.
 
=== Reino Unido ===
* O británico Richard Trevithink (ou Trevithick) constrúe unha nova locomotora de vapor capaz de alcanza-los 8 Km/h, que instala no País de [[Gales]]. Trevithink que xa tivera experiencias deste tipo nos anos [[1800]] e [[1801]], decídese a unha nova máquina de vapor a que bautiza co nome de "Penydaran". É a primeira que está preparada para circular sobre raís. A máquina foi adquirida polas fundicións Pen & Darren.
 
=== Gran Bretaña ===
* William Pitt (o Xove), de volta o poder o [[10 de maio]] e no que estará ata o [[23 de xaneiro]] de [[1806]]. Formará, xunto con [[Austria]] e [[Rusia]], a terceira coalición, rota por Napoleón grazas a súa vitoria en [[Austerlitz]] no ano [[1805]] e a paz de Presburgo (o [[26 de decembro]] de [[1805]]). A pesardes da vitoria naval de [[Trafalgar]] (no ano [[1805]]), deixará a sua morte, con 45 anos, unha [[Inglaterra]] illada e en crise, e namentres [[Francia]], será señora da metade de [[Europa]].
 
=== Sudán ===
* Osman dan Fodio, caudillo da tribo dos fulbé (asentada no curso central do [[Níxer]]) proclamase xefe dos crentes islámicos e conquista coas súas tropas grandes partes de [[Nixeria]] e do [[Camerún]]. O xefe peúl dan Fodio, era predicador e místico. O se proclamar comendador dos crentes, conquistará os Estados hausas ([[Nixeria]]); feito que acabará fundando o imperio peúl de Sokoto. Estado teocrático cuxos soberanos consideran os seus territorios infieis como reservas de escravos. Este imperio pasará a ser un protectorado británico no ano [[1885]].
=== Francia ===
* A principal preocupación que ten nestes días o ambicioso [[Napoleón Bonaparte]], cónsul da República francesa, é invadir e conquistar [[Gran Bretaña]], para o cal impulsa os máis diversos proxectos no campo da investigación militar. Inexpugnable pola mar, a súa poderosa armada, Gran Bretaña é o bastión máis sólido, polo momento, da resistencia europea os afáns hexemónicos de Bonaparte. Para rematar dunha vez con estes isleños o cónsul intenta crear unha frota aérea de globos aerostáticos que, a pesardes dos entusiasmo inicial que produce, é disolta no ano [[1802]] e o proxecto da invasión por aire é arquivado.
* O cociñeiro francés Charles Nicolas Appert fai público o seu procedemento para a conservación de alimentos, inventado por él mesmo no ano [[1795]] e tras diversas experiencias, todas elas dun xeito ou de outro favorables. Appert publica neste ano o procedemento, con el adicase a venda de [[leite]], froita, legumes e extractos vexetais.
* O [[15 de febreiro]] efectúase o descubrimento dunha conspiración contra o primeiro cónsul. Durante as pesquisas, efectúase a detención de varios xenerais e a execución do monárquico, Georges Cadoudal.
* O [[21 de marzo]] (10 xerminal do ano XII, segundo o calendario francés da revolución) reúnese na cidade de [[París]], tras catro anos, unha comisión de 4 xuristas do antigo réxime, en cuxas reunións interven Napoleón para resolve-los puntos xurídicos de fricción; coroando a obra de dotar a [[Francia]] dunha nova lei civil en forma de código (unha lei articulada por materias, sen que se transluza a procedencia das normas). Este tipo de asembleas xa se viñan reunindo dende o [[5 de outubro]] de [[1790]]. Non hai dúbida de que isto revolucionará a actual técnica xurídica en [[Europa]], onde predomina a representación das leis por medios de recompilacións, como é no momento actual no caso de [[España]]. O [[Código Civil]] (que se coñecería o [[3 de agosto]] de [[1807]] co nome de "Código de Napoleón", pero que quedaría parte invalidado no ano [[1816]]), contén todas aquelas normas de dereito romano compatibles cos frutos da revolución e coa burguesía que apoia o primeiro cónsul. Fixa a igualdade ante a lei, o dereito sagrado a propiedade, a desaparición dos gremios, a separación da igrexa e o estado e maila abolición dos privilexios nobiliarios. Co cal se eliminan as estruturas da sociedade feudal anterior. Establécese o casamento civil obrigatorio, tras o que se fará ou non pola igrexa. O dereito da familia é menos progresista, pois a muller solteira queda suxeita o pai e a casada o home, dos que necesita autorización para obrigarse, e a filiación debe de ser lexítima para ser recoñecida na súa plenitude. Nos países que aínda teñen que aborda-la codificación, xa se base no dereito romano ou no xermánico, este código acharase nos propositos do lexislador.
* O [[23 de marzo]] na cidade de [[Vincennes]], Louis Henri de Condé, duque d'Enghien, é executado por orde de Napoléon. O duque d'Enghien é o derradeiro representante da familia Condé, e era o candidato dos realistas franceses para face-la restauración dos Borbóns en Francia. Emigrado no [[1789]], loita nos exércitos contrarrevolucionarios ata a súa detención e Ettenheim (cerca de [[Estrasburgo]]), e é trasladado a Vincennes, onde se xulga sumarisimamente.
* O [[18 de maio]] (28 de floreal do ano XI, segundo o calendario revolucionario francés) proclamase en Saint Cloud o imperio a cuxo home importante se lle da o título de emperador. Un [[2 de decembro]] na cidade de [[París]], nunha solemne cerimonia celebrada na catedral de Notre Dame (ou da Nosa Señora, segundo outros historiadores), o ata de agora primeiro cónsul francés, Napoleón Bonaparte, con 35 anos é coroado emperador polo papa [[Pío VII, papa|Pío VII]]. Cúmprese así unha tradición na que un papa debía de impoñe-la coroa a unha persoa merecedora dun reino. Napoleón, cumprindo coa tradición, pero desexando relegar o papa a un humillante segundo plano, toma a coroa coas súas mans e sa coloca el mesmo. Aínda que a bendición da igrexa é imprescindible para facer un poder lexítimo, Napoleón quere mantela como un peón dos seus designios xeopolíticos. Pouco antes de ser coroado emperador, a policía francesa descubriu un complot tramado polos británicos e os realistas pa secuestrar e asasinar a Napoleón. O home forte de Francia elixe o título de emperador para marca-las distancias coa tradición dos reis borbónicos, e porque ve no seu país o sucesor e continuador do imperio universal de [[Carlomagno]]. Unha vez coroado emperador, Napoleón prosegue a súa enérxica política para modernizar a Francia. Trala creación do código napoleónico, funda a universidade e, mediante decretos reais, apoia a industria e impulsa a realización de grandes obras públicas, entre elas a urbanización de París. Para adecua-la actividades artística os intereses do imperio, pon o servizo do estado a escritores como [[Chateaubriand]] e madame Staël e a pintores como David. O agora coñecido como [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]] retoma algunhas institucións do Antiguo Réximen: os membros da súa familia e colaboradores que mellor mostraron a súa lealdade, dálles títulos principescos que levan consigo beneficiosas rendas. O redor do emperador formouse unha nova nobreza imperial, aínda que despoxada de privilexios das que gozaba a antiga aristocracia, polo que pasa a depender completamente da benevolencia do emperador Napoleón I.
* Un [[16 de setembro]] Gay-Lussac establece o récord de altitude en 7.016 m, nunha ascensión en globo que realiza para evaluar as eventuais modificacións presentes na composición do aire.
 
=== Europa do Norte ===
* O [[25 de maio]] o rei de [[Prusia]], Federico Guillerme III concerta co tsar de [[Rusia]], Alexandre I unha alianza dirixía contra [[Francia]].
* O [[6 de novembro]] o tsar ruso, Alexandre I e o emperador de [[Austria]], Francisco I (segundo outros historiadores; Francisco II), acordan proceder na contra de Francia.
=== Austria ===
* O [[11 de agosto]] o emperador romanoxermánico Francisco II sube a categoría de imperio os territorios herdados austríacos, e adopta o título de emperador de [[Austria]].
=== Estados Unidos ===
* O [[6 de febreiro]] Joseph Priestley (que nacera o [[13 de marzo]] de [[1733]] en Fieldhead -[[Yorkshire]]-), investigador da natureza, filósofo e teólogo, descubridor do [[amoníaco]], o monóxido de carbono e do [[Osíxeno molecular|osíxeno]], morre en Northumberland ([[Pennsylvania]]).
* O [[12 de xullo]] Alexander Hamilton (nado na illa de [[Nevis]], correspondente as Pequenas Antillas, o [[11 de xaneiro]] de [[1755]]), político americano, dirixente do partido federalista ata [[1799]], primeiro ministro do Tesouro no [[1789]] ata o [[1795]], morre en [[Nova York]] a causa das feridas que sufrira o día anterior en duelo con seu opoñente político, o vicepresidente Aaron Burr. Hamilton impedira no abril que Burr fose elixido gobernador de [[Nova York]].
 
=== Europa do Leste ===
* En febreiro na rexión de [[Serbia]]. Un rico criador de porcos chamado Karagjorgje, de 38 anos, ponse o mando da insurrección serbia contra os turcos. Apoderarase da cidade de [[Belgrado]] no [[1806]]. Coa presenza rusa será aclamado príncipe dos serbios no decembro de [[1808]]. Abandonado polos rusos no [[1813]], verase na obriga de emigrar a [[Austria]]. No seu posto é substituído por [[Milos Obrenovich]], que o mandará asasinar a súa volta no [[1817]], dando comezo a unha inimizade secular entre as dúas familias.
=== Haití ===
* O [[1 de xaneiro]] volvese a proclama-la independencia de novo en [[Haití]] polo xeneral negro [[Jean-Jacques Dessalines]]. Dessalines, que se nomea emperador baixo o nome de Xacobo I, é asasinado no [[1806]]. Henri Christophe, chamado Henrique I, sucederao no trono en [[1811]] ata [[1820]].
 
=== Rusia ===
* Despois de anexionar [[Xeorxia]] no [[1801]], os rusos atacan [[Persia]]. Mediante a paz de Gulistán (acadada no ano [[1813]]), [[Persia]] terá que ceder a [[Rusia]], [[Xeorxia]], [[Daguestán]] e Bakú. Nunha nova guerra (que ira dende o [[1826]] a o [[1828]]), os rusos anexionarán a [[Armenia]] caucásica, con Erivan.
 
== Arte e cultura ==
* Publícase en [[Ferrol]] a "''Descripción económica del Reyno de Galicia''" de [[Lucas Labrada]].
* [[4 de outubro]] - O pintor galego [[Gregorio Ferro Requeijo]] é nomeado director xeral da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]].
 
== Ciencia e tecnoloxía ==
* O francés [[Joseph-Louis Gay-Lussac]] ascende en [[globo aerostático]] até os 6.800 m de altura s.n.m, e descende con mostras de [[aire]] rarificado.
 
== Nacementos ==
* [[12 de xaneiro]] - Hippolyte Monpou, compositor e músico francés.
* [[22 de xaneiro]] - Charles O'Conor, xurista e político americano.
* [[26 de xaneiro]] - Eugène Sue, escritor francés.
* [[5 de febreiro]] - Johan Ludvig Runeberg, escritor e poeta finés.
* [[16 de febreiro]] - Jules Janin, escritor francés.
* [[19 de febreiro]] - Karl Freiherr von Rokitansky, patólogo autríaco; pinoneiro da moderna patoloxía.
* [[29 de febreiro]] - Antoine Hercule Romuald Florence "Hescules Florence", inventor, deseñador e debuxante francés, nacionalizado brasileiro.
* [[5 de abril]] - [[Matthias Jakob Schleiden]], botánico [[alemán]].
* [[23 de abril]] - Marie Taglioni, bailarina sueca.
* [[30 de abril]] - Maciel Monteiro, escritor e poeta brasileiro.
* [[18 de maio]] - Arsène Jules Étienne Juvénal Dupuit, economista e enxeñeiro francés; pioneiro da análise marxinal.
* [[31 de maio]] - Jeanne-Louise Farrenc, compositora francesa.
* O [[1 de xuño]] nace, en Novospaskoia, Mikhail Ivanovich Glinka. Músico ruso de recoñecido prestixio que morrerá en [[Berlín]] o [[15 de febreiro]] de [[1857]], con 52 anos de idade.
* [[24 de xuño]] - Stephan Ladislaus Endlicher, botánico, escritor e historiador austríaco.
* [[28 de xuño]] - Franz Julius Ferdinand Meyen, médico e botánico alemán.
* [[1 de xullo]] - Amandine Aurore Lucile Dupin (máis coñecida coma "George Sand"), escritora francesa.
* O [[4 de xullo]] nace, en [[Salem]], Nathaniel Hawthorne. Escritor e novelista estadounidense, cuxos traballos mostran unha profunda conciencia dos problemas éticos do pecado, o castigo e a expiación. Hawthorne morrerá en [[Plymouth]] ([[New Hampshire]]) un [[18 de maio]] de [[1864]], a idade de 59 anos.
* [[20 de xullo]] - Richard Owen, anatomista británico.
* [[28 de xullo]] - [[Ludwig Feuerbach]], filósofo alemán.
* [[29 de xullo]] - Francisco Manuel Barroso da Silva, militar e político brasileiro; máis coñecido polo alcume de "Almirante Barroso".
* [[31 de xullo]] - George Baxter, debuxante e pintor inglés.
* [[4 de agosto]] - Luigi Scrosoppi, relixioso italiano; beatificado o [[4 de outubro]] de [[1981]] e canonizado o [[10 de xuño]] de [[2001]] polo papa [[Xoán Paulo II]].
* [[1 de outubro]] - William Stokes, médico irlandés.
* [[3 de outubro]] - [[Allan Kardec]], educador francés; fundador da doutrina do espírito.
* [[2 de novembro]] - Rafael Valentín Valdivieso y Zañartu, bispo chileno.
* [[12 de novembro]] - Julius Wilhelm Gintl, físico e inventor austríaco; creador do concepto "modo duplex" para o método de compensación.
* [[21 de novembro]] - Coleman Hawkins, músico norteamericano.
* [[27 de novembro]] - Julius Benedict, rexente e compositor inglés de orixe alemá.
* [[10 de decembro]] - Karl Gustav Jacob Jacobi, matemático alemán.
* [[16 de decembro]] - Viktor Yakovlevich Bunyakovsky, matemático ruso.
* [[21 de decembro]] - Benjamin Disraeli, político e escritor inglés.
* [[23 de decembro]] - Charles Augustin Sainte Beuve, escritor francés.
* [[24 de decembro]] - Mariano Rivera Paz, político guatemalteco; presidente de [[Guatemala]] durante os anos [[1838]]/[[1839|39]] e [[1842]]/[[1844|44]].
* [[30 de decembro]] - Manuel de Ascásubi y Matheu, político ecuatoriano.
 
== Mortes ==
* [[4 de xaneiro]] - [[Charlotte Lennox]], escritora e poetisa [[inglesa]].
* [[12 de febreiro]] - Morre en [[Königsberg]], [[Immanuel Kant]], filósofo alemán que acuñara o termo "[[universo]]s [[illa]]s" para dar unha nova visión das galaxias coñecidas nesta época. Kant nacera en Königsberg o [[22 de abril]] de [[1724]].
* [[5 de abril]] - Charles Pichegru, militar e político francés.
* [[5 de maio]] - [[Antonio José de Cavanilles]], [[botánico]] e [[científico]] [[España|español]].
* [[16 de xuño]] - Johann Adam Hiller, compositor alemán.
* [[24 de xullo]] - Martin Knoller, pintor austríaco.
* [[30 de xullo]] - Carlo Allioni, botánico e médico italiano.
* [[27 de agosto]] - Valentin Adambereger, tenor de ópera alemán.
* [[2 de outubro]] - [[Nicolas-Joseph Cugnot]], inventor e enxeñeiro francés (atribúeselle a construción do primeiro automóbil).
* [[12 de outubro]] - Thomas Carter, compositor irlandés.
* [[29 de outubro]] - [[George Morland]], pintor inglés.
* [[19 de novembro]] - Pietro Alessandro Guglielmi, compositor italiano.
* [[23 de novembro]] - Giovanni Mane Giornovichi, compositor e violinista italiano.
 
== Outros ==
=== Breves ===
* [[4 de febreiro]] - Nos [[Estados Unidos]], un incendio destrúe a maior parte da armada de Samuel Colt.
* [[12 de febreiro]] - En [[Cuba]] aplicase por primeira vez a [[vacina]] contra a [[varíola]], sendo posta na maioría da poboación da Habana.
* [[2 de maio]] - O Corpo Lexislativo francés aproba por moción a subida de Napoleón o poder de [[Francia]].
* [[14 de maio]] - A expedición Lewis e Clark parte dende Camp Dubois e comeza a súa viaxe río arriba polo [[río Misuri | Misuri].
* [[23 de xullo]] - A escuadra inglesa bombardea por terceira vez o porto francés de Havre.
* [[4 de agosto]] - En [[Francia]] o ministro, Jean-Batiste Nompère de Champagny, faise cargo do departamento de Interior.
* [[22 de setembro]] - En Francia fundase o Consello Supremo.
* [[1 de outubro]] - A aldea nativa de Tlingit (en [[Alaska]]) é atacada por tropas rusas.
* [[9 de novembro]] - En [[México]], Pedro Sainz de Baranda obtén o título de "Alferez de Fragata".
* [[12 de decembro]] - España declara a guerra a [[Inglaterra]] tras previas denuncias desatendidas.
* O francés, Jean-Baptiste Lamarck e o alemán, Gottfried Treviranus acuñan o termo "[[bioloxía]]".
* O alemán Johann Blimenbach funda a ciencia da [[antropoloxía]].
* O barón británico Sir George Cayley inventa o [[aeroplano]] práctico, construído como un modelo de planeador aproveitando os deseños anteriores.
* Os británicos fanse co control do Cabo de Buena Esperanza ([[Africa]]).
 
[[Historia ano a ano]]
Liña 241:
[[wa:1804]]
[[war:1804]]
[[yi:1804]]
[[yo:1804]]
[[zh:1804年]]