Acueduto da Carioca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
toxolo>ladrillo e arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Arcos da Lapa.jpg|thumb|250px|Os Arcos da Lapa.]]
O '''Acueduto da Carioca''', popularmente coñecido como os '''Arcos da Lapa''', localízase no [[barrio]] da Lapa, na [[cidade]] de [[Rio de Janeiro (cidade)|Río de Xaneiro]], no [[Brasil]]. Considerada como a obra [[arquitectura|arquitetónicaarquitectónica]] de maior porte emprendida no Brasil durante o [[Brasil Colonia|período colonial]], é hoxe unha das principais postais da cidade, símbolo máis representativo do Río Antigo preservado no barrio bohemio da Lapa.
 
==Historia==
Liña 8:
Os primeiros estudos para traer as [[auga]]s do [[río Carioca]] para a cidade remontan a [[1602]], por determinación do entón gobernador da [[Capitanía de Río de Xaneiro]], Martim Correia de Sá (1602-1608). En [[1624]], un contrato para a construción do primitivo conduto foi firmado con Domingos da Rocha, que non chegou a iniciar os traballos. En [[1660]] a penas 600 [[braza]]s de [[tubo|canos]] estaban asentadas, tendo as obras recibido impulso en [[1706]], co goberno de D. Fernando Martins Mascarenhas Lancastro (1705-1709).
 
En [[1718]], co goberno de Antônio de Brito Freire de Menezes (1717-1719), inicíaronse as obras de instalación dos canos de auga a través da antiga Rúa dos Barbonos (actual Rúa Evaristo da Veiga). Co goberno de Aires de Saldanha de Albuquerque Coutinho Matos e Noronha (1719-1725), en [[1720]] o encanamento alcanzaba o Campo da Ajuda (actual Cinelândia), aínda nos arrabaldes da cidade na época. Foi este gobernador quen, alterando o proxecto orixinal, defendeu a vantaxe de se prolongar a obra até ao Campo de Santo Antônio (actual Largo da Carioca), optando polos chamados ''Arcos Velhos'' – un acueduto unindo o morro do Desterro (actual morro de Santa Teresa) ao morro de Santo Antônio, inspirado no [[Acueduto das Águas Livres]], que entón comezaba a se erguer en [[Lisboa]]. A obra estaba concluída en [[1723]], levando as aguas á Fonte da Carioca, [[chafariz]] erguido tamén nese ano, que as distribuía á poboación no referido Campo de Santo Antônio.
 
A solución foi paliativa, en [[1727]] rexistrábanse reclamacións de falta de auga, atribuíndolle a culpa aos [[quilombo]]las ([[escravo]]s fuxitivos, que vivían ocultos nas matas) pola quebra dos canos. Máis tarde, o goberno pedíu contas ao encargado da conservación da obra o cal se evadiu do seu deber. Foron estabelecidas penas para os actos de vandalismo contra a obra.
 
O gobernador Gomes Freire de Andrade (1733-1763) determinou, en [[1744]], a reconstrución do Acueduto da Carioca, con pedra do país, ante o elevado custo da [[cantaría]] vida do reino. Coa autoría atribuída ao brigadeiro José Fernandes Pinto Alpoim, recibiu a actual conformación, en [[Arco (arquitectura)|arcaría]] de pedra e cal. A Carta Rexia de [[2 de maio]] de [[1747]] determinou que as augas fosen cubertas por [[bóveda (arquitectura)|bóvedas]] de [[tixololadrillo]]s, para evitar o seu desvío mal intencionado.
 
Inaugurado en [[1750]], as augas brotáronse aos pés do Convento de Santo Antônio, nun chafariz de [[mármore]], a través de 16 bicas de [[bronce]]. Máis tarde esa auga foi estendida, a través da Rúa do Cano (actual Rúa Sete de Setembro), até ao Largo do Paço (actual Praza Quinze de Novembro), onde os navíos se viñan abastecer.