Diferenzas entre revisións de «Intrón»

A palabra ''intrón'' deriva do termo ''rexión intraxénica''. Aínda que os intróns se denominen ás veces ''secuencias intercaladas'', este termo pode referirse a calquera das varias familias de secuencias de nucleótidos internas que non están presentes no produto final do xene, entre as que están as secuencias que codifican [[inteins]]<ref> As secuencias que codifican inteins son secuencias dun xene que codifican un segmento dunha proteína, o cal se autocorta e separa ese segmento do resto da proteína e une os outros cachos (son unha especie de intróns proteicos). As secuencias que codifican inteins están intercaladas entre outros xenes non relacionados con eles, polo que son secuencias intercaladas.</ref>, as secuencias non traducidas, e os nucleótidos eliminados por modificacións (editado) do ARN, ademais dos intróns.
 
Os intróns poden representar un sitio de [[splicing alternativo]], podendoo cal pode dar lugar a diferentes tipos de [[proteína]]s. O control do [[splicing]] está regulado por unha ampla variedade de sinais moleculares. Os intróns tamén poden conter “información antiga”, é dicir, fragmentos de [[xene]]s que probablemente se expresaban antigamente pero que actualmente non se expresan.
 
Tradicionalmente dicíase que os intróns eran fragmentos de [[ADN]] carentes de información. Non obstante, esta afirmación é hoxe cuestionada e actualmente ten poucos partidarios. Sábese que os intróns conteñen varias secuencias pequenas que son importantes para un [[splicing]] eficiente.
191.012

edicións