Mitoloxía grega: Diferenzas entre revisións

lendas sobre deuses e heroes gregos antigos
Contido eliminado Contido engadido
Nova entrada. En proceso de traducción.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2005 ás 23:54

A mitoloxía grega comprende a colección de lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. As fontes supervivintes da mitoloxía grega son transcripcions destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores. Aínda que os gregos non practicaban a relixión, si coñecían estas historias que formaban parte do seu acervo cultural.

Nas súas diversas lendas, historias e himnos, os deuses da Grecia Antiga son case todos descritos coma humanos en apariencia, aínda que non envexecen, son case inmunes a todas as feridas e enfermidades e capaces de tornarse invisibles, viaxar grandes distancias case instantaneamente e falar a través dos seres humanos con ou sen o seu coñecemento. Cada deidade tiña a súa apariencia específica, xenealoxía, intereses, personalidade e área de especialidade. Sen embargo, estas descripcións sufrían variacións locais que non sempre concordaban coas empregadas noutras partes do mundo helénico da época. Cando se aludía a eles na poesía ou na oración, facíase mediante unha combinación do seu nome e epítetos, servindo éstes para identificalos por ditas distincións do resto dos deuses.

Nas lendas, estes seres son descritos coma unha longa familia multixeracional. Os seus menbros máis vellos crearon o mundo tal e como o coñecemos. Os deuses da xeración máis recente (e relevante) para a antiga relixión grega aparecéranse en persoa ós gregos, segundo se describe nos poemas épicos durante a "idade dos heroes" o que se entende como unha referencia á arcaica idade oscura (sobre 1200 a 800 a.C.) que precedeu á civilización clásica grega. Proporcionaron ós belicosos antepasados un número limitado de milagres, ensinándolles unha selección de habilidades útiles ademais dos métodos de adoración ós deuses, premiaron a virtude e castigaron o vicio, e enxendraron fillos con humanos. Estes nenos mitade humanos mitade deuses son coñecidos coma "os heroes", e ata o establecemento da democracia os seus descendentes reclamaban o dereito a gobernar sobre a base da súa divina ascendencia e presunta habilidade divinamente herdada de gobernar ben.

Os deuses do panteón grego adoptaban figuras humanas e personificaban as forzas do Universo. Ó igual que os homes, os deuses helenos eran impredecibles e por iso unhas veces tiñan un sentido estricto da xustiza e outras eran crueles e vengativos. O seu favor alcanzábase por medio dos sacrificios e da piedade, pero estes procedimentos non eran sempre efectivos posto que os deuses eran moi volubles.

A mitoloxía grega comparte unha estreita similitude coa romana, en canto ó nome de varios deuses e personaxes de importancia. Tamén se relacionan no concerniente á parte mitolóxica da relixión: crenzas, tradicións e todo o ligado ou referente a mitoloxía.

A natureza da mitoloxía grega

Aínda que todas as culturas teñen as súas propias mitoloxías, dito termo é de acuñación grega e tiña un significado especializado dentro da súa cultura.