Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
Un exemplo deste mecanismo é a activación ("control positivo") polo AMPc do [[operón lac]]. Cando hai pouca glicosa na célula, o AMPc acumúlase e únese ao sitio alostérico do CRP, que é unha proteína activadora da transcrición. A proteína entón adopta a súa conformación activa e únese a un sitio específico situado antes do promotor do operón lac, facilitando que a [[ARN polimerase]] se una ao promotor e empece a transcrición dos xenes do operón lac. Deste modo a bacteria pode usar a lactosa para a produción de enerxía, xa que os xenes do operón facilitarán o uso dese azucre. Pero se hai suficiente glicosa, a concentración de AMPc descende, o CRP disóciase do operón lac, e dito operón deixa de transcribirse.
 
===En mofos mucosos===
En especies fúnxicas de mofos mucosos como ''Dyctiostelium discoideum'' os movementos quimiotácticos das súas células están determinados por ondas de AMPc periódicas que se propagan pola célula.