Micela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Phospholipids aqueous solution structures.svg|thumb|250px|right|Sección das estruturas que se poden formar cando os fosfolípidos están en solución acuosa.]]
 
Denomínase '''micela''' ao agregado de [[molécula]]s [[surfactante]]s dispersas nun líquido coloidal, que constitúe unha das fases dos [[coloide]]s. Os surfactantes son moléculas anfipáticas, é dicir, que teñen unha parte [[hidrófilo|hidrófila]] e unha parte [[hidrófobo|hidrófoba]], e rebaixan a [[tensión superficial]] dun líquido.
 
A formación de micelas é o mecanismo polo cal o xabón solubiliza as moléculas insolubles en auga, como as graxas. Na formación dunha micela de xabón en auga, as moléculas de xabón (un sal de [[sodio]] ou [[potasio]] dun [[ácido graxo]]) xúntanse entre si polos seus extremos hidrófobos que corresponden ás cadeas hidrocarbonadas, entanto que os seus extremos hidrófilos, que levan os grupos carboxilo, ionizados negativamente por perda dun [[ión]] sodio ou potasio, repélense entre si. Desta maneira as cadeas non polares do xabón non están en contacto coa auga, mentres que os grupos carboxilo, cargados negativamente, están expostos á mesma.