Micela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A formación de micelas é o mecanismo polo cal o xabón solubiliza as moléculas insolubles en auga, como as graxas. Na formación dunha micela de xabón en auga, as moléculas de xabón (un sal de [[sodio]] ou [[potasio]] dun [[ácido graxo]]) xúntanse entre si polos seus extremos hidrófobos que corresponden ás cadeas hidrocarbonadas, entanto que os seus extremos hidrófilos, que levan os grupos carboxilo, ionizados negativamente por perda dun [[ión]] sodio ou potasio, repélense entre si. Desta maneira as cadeas non polares do xabón non están en contacto coa auga, mentres que os grupos carboxilo, cargados negativamente, están expostos á mesma.
 
De forma semellante, os lípidos anfipáticos en disolución acuosa diluída dispérsanseemulsiónanse formando micelas. Nas micelas as cadeas hidrocarbonadas se apartan do entorno acuoso e forman unha fase hidrófoba interna, cos grupos [[hidrófilos]] expostos na superficie. Estas micelas poden conter miles de moléculas de lípidos e, por tanto, a súa masa é moi elevada.
 
Durante a dixestión os sales biliares emulsionan formando micelas as graxas dos alimentos, o que facilita a súa absorción intestinal, o que é especialmente importante para lípidos como as lecitinas e vitaminas liposolubles.