Sistema de numeración decimal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
:<math>347 = 3 \cdot 100 + 4 \cdot 10 + 7 \cdot 1 = 3 \cdot 10^2 + 4 \cdot 10^1 + 7 \cdot 10^0</math>
 
PoPolo tanto, e contrariamente á [[numeración romana]], a cifra árabe ten un valor diferente segundo a súa posición no número: así, en ''111'', a primeira cifra significa 100, a segunda 10 e a terceira 1, mentres que en '''VIII''' (oito en numeración romana) os tres ''I'' significan todos ''1''.
 
Excepto en certas culturas, este sistema de posición úsase habitualmente en todo o mundo e en todas as áreas que requiren dun sistema de numeración. Sen embargo hai certas técnicas, como por exemplo na informática, onde se utilizan sistemas de numeración adaptados ao método de traballo como o [[Sistema binario|binario]] ou o [[Sistema hexadecimal|hexadecimal]]. Tamén poden existir nalgúns idiomas vestixios do uso doutros sistemas de numeración, como o [[Sistema quinario|quinario]], o [[Sistema duodecimal|duodecimal]] e o [[Sistema vixesimal|vixesimal]]. Por exemplo, cando se contan cousas por [[ducia]]s, ou cando se empregan palabras especiais para designar certos números; en [[Idioma francés|francés]], por exemplo, o número 80 exprésase "''quatre-vingt''", "catro vintenas", en galego.