Diferenzas entre revisións de «Emo»

m
arranxiños
m (r2.7.1) (bot Modificado: nl:Emocore)
m (arranxiños)
 
== Orixe ==
Na xénese do estilo foi fundamental o álbum dos [[Hüsker Dü]] ''[[Zen Arcade]]'', publicado en 1984 e o ''[[Throb Throb]]'' de [[Naked Raygun]], de 1985 que influíu especialmente no movemento [[hardcore punk]] de [[Washington, D.C.|Washington]], xurdindo o termo "emotional hardcore" ou "emocore" para definir as bandas hardcore punk cunha sonoridade máis melódica e rica as bandas procuraban un estilo máis creativo, utilizando tamén cambios de ritmo e [[crescendo]]s, nesa primeira época salientaban o bandas como [[Rites of Spring]] e [[Embrace]]. Do seu estilo fixéronse eco outras bandas de contemporáneas de [[punk]] estadounidenses, cambiando o seu son e significado cara ó [[punk pop]] e o [[indie rock]] na década de 1990 con grupos como [[Jawbreaker]] e [[Sunny Day Real Estate]], cun estilo máis melódico e menos caótico cas súas predecesoras. A mediados da década de 1990 varios selos independentes comezaron a especializarse no estilo.
 
== Popularización ==
A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de [[Jimmy Eat World]] e [[Dashboard Confessional]] e a aparición dun subxénero máis agresivo, o [[screamo]]. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como [[Fall Out Boy]], [[My Chemical Romance]], [[Coheed and Cambria]] ou [[Panic at the Disco]].
64.046

edicións