Inosina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
A '''inosina''' é un [[nucleósido]] que se forma cando a [[base nitroxenada]] [[hipoxantina]] se une ao azucre [[ribosa]] (ou ribofuranosa) por medio dun enlace N-glicosídico β-N<sub>9</sub>. Cando se une a un grupo fosfato forma o [[nucleótido]] inosina monofosfato ou ácido inosínico.
 
A inosina aparece con frecuencia no [[ARNt]] e é esencial para unha correcta tradución do [[código xenético]] en [[par de bases|pares de basebases]] tambaleantes (''wobble'').
 
O coñecemento do metabolismo da inosina levou nas últimas décadas a diversos avances en [[immunoterapia]]. A inosina monofosfato é oxidada polo encima [[inosina monofosfato deshidroxenase]], rendendo [[xantosina monofosfato]], un precursor chave no metabolismo das [[purina]]s. O [[micofenolato mofetil]] é un anti-metabolito, unha substancia anti-proliferativa que actúa como un inhibidor da inosina monofosfato deshidroxenase. Úsase no tratamento de varias doenzas [[autoimmune]]s como a [[granulomatose de Wegener]].