Troita arco da vella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Cheluco (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Hábitat e bioloxía: pequena corrección
Liña 34:
Os alevíns máis pequenos son [[Bentos|bentopeláxicos]], mentres que os xuvenís de máis idade vólvense totalmente [[Piélago|peláxicos]].<ref>Mundy, B.C., 2005. "Checklist of the fishes of the Hawaiian Archipelago". Bishop Museum Bulletins in Zoology. ''Bishop Mus. Bull. Zool.'' ('''6'''):1-704.</ref> O hábitat natural das especies é a auga doce duns 12&nbsp;°C no verán, posiblemente orixinaria de [[Kamchatka]], non estando claro se a aparición da anadromía é unha adaptación xenética ou simplemente un comportamento oportunista, o que se parece claro é que calquera poboación desta especie é quen de emigrar ao mar en calquera intre que o necesiten, sendo capaces de adaptarse a todo tipo de augas.<ref>Kailola, P.J., M.J. Williams, P.C. Stewart, R.E. Reichelt, A. McNee e C. Grieve, 1993. "Australian fisheries resources". Bureau of Resource Sciences, Canberra, Australia. 422 p.</ref> Sobrevive mellor en lagos cá nas correntes de ríos.<ref>McDowall, R.M. e R.D.J. Tilzey, 1980. "Family Salmonidae, salmons, trouts and chars". p. 72-78. En R.M. McDowall (ed.) ''Freshwater fishes of south-eastern Australia''. A.H. & A.W. Reed Pty. Ltd. Sydney, Australia.</ref>
 
En canto á [[dieta]], os adultos son xeralistas, alimentándose de [[invertebrado]]s e peixes de escaso tamaño,<ref>[http://www.siac.net.co/sib/catalogoespecies/especie.do%3Bjsessionid=19B11DF6B1808A4CB464A465AA8B7DF6?idBuscar=582&method=displayAAT Catálogo SIAC]</ref> mentres que os alevíns aliméntanse de [[zooplanctonzooplancto]]<ref>Cadwallader, P.L. e G.N. Backhouse, 1983. "A guide to the freshwater fish of Vitoria". Government Printers. Melbourne, Australia. 249 p.</ref>
 
Os anádromos adoitan vivir uns 11 anos, remontando os ríos por primeira vez a reproducirse no terceiro ano de vida, polo que adoitan reproducirse unhas 8 veces na vida; os non anádromos adoitan vivir un máximo de 6 anos, reproducíndose por tanto 3 veces na vida.<ref>Riva-Rossi, C., M.A. Pascual, J.A. Babaluk, M. Garcia-Asorey e N.M. Halden, 2007. "Intra-population variation in anadromy and reproductive life span in rainbow trout introduced in the Santa Cruz River, Arxentina". ''J. Fish. Biol.'' '''70''':1780-1797.</ref>