Batxeba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Betsabé''' esposa de Urías e do Rei David e nai do Rei Salomón consonte o Segundo Libro de Samuel. Por ela o Rei David cometeu un dos seus máis graves pecados ao provo..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Betsabé''' esposa de Urías e do [[Rei David]] e nai do Rei [[Salomón]] consonte o Segundo Libro de Samuel. Por ela o Rei David cometeu un dos seus máis graves pecados ao provocar a morte de Urías.
==Relato==
O Rei David un serán viu dende a azotea do seu pazo a unha belida muller purificándose das súas regras. Prendado da súa beleza mandou preguntar quen era e lle dixerondixéronlle que era Betsabé, filla de Alián e esposa de Urías a [[hitita]]. Davide deitouse con ela e preñouna. Coñecedor disto, David mandou chamar a Urías que estaba na [[guerra]] e pediulle que volvera a casa coa súa esposa. Pero Urías ficou a dormir á porta do pazo pois considerou indigno deitarse coa súa muller mentres os seus compañeiros na fronte acampaban ao raso.
 
Finalmente David ordeou ao xefe do exército Xoab que colocase a Urías na batalla nunha posición exposta e que se retirara deixándoo só. Así foi e Urías morreu. David tomou como esposa a Betsabé quen lle dou a luz un fillo.
 
Deus daquela enviou ao seu [[profeta]] Natán que lle contou a historia a David do home rico e do home pobre e como o primeiro a quen todo lle sobraba ripoulle ao pobre a súa única ovelliña que era para el como unha filla. David cheo de indignación dixo que o rico era reo de morte e que tiña que pagar catro veces o valor da ovelliña. Natán retrucou:
{{cita|''Así di o Señor Deus de Israel: Eu unxinte rei de Israel, ceibeite das mans de Saúl, entregueite a casa do teu Señor, puxen mulleres nos teus brazos, entregueite a casa de Israel e a casa de Xudá, e por se fose pouco penso darte outro tanto ¿por que despreciaches ti a palabra do Señor, facendo o que a el lle parece mal? Mataches a espada a Urías o hitita e quedácheste coa súa muller''}}
 
David confesou o seu crime e Natán anuncioulle o [[perdón]] de Deus. O fillo de Betsabé finou. David consolou a Betsabé, esta empreñou de novo e deu a luz a [[Salomón]], o máis sabio dos monarcas.
 
[[Categoría:xudaísmo]]