Acrónimo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''acrónimo''' (do [[Lingua grega|grego]] ἄκρος ''ákros'', "extremidade", e ὄνομα ''onoma'', "nome") é unha [[palabra]] formada a partir da [[Abreviatura|abreviación]] doutras dúas palabras, e que constitúen un só [[sintagma]] ou concepto, grazas á unión dos seus extremos opostos. Utilízanse xeralmente para describir unha palabra formada por unha combinación de palabras (dúas ou máis), ou ben de letras (habitualmente iniciais, dunha expresión co propósito de facela máis curta).
 
Decote os acrónimos acaban por perderen tal condición e deveñen palabras de uso corrente, habitualmente [[substantivo]]s. É o caso, por exemplo, de [[láser]], [[radar]], [[módem]] ou [[informática]]. Acrónimos deste tipo fóronse popularizando nos últimos tempos, de xeito que na actualidade o seu uso está xeralizado. Aínda así, son aínda máis frecuentes nas linguaxes técnicas utilizadas nas especialidades profesionais (medicina, informática ou enxeñaría) e nos nomes de organizacións e compañías.