Escudo de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: gv:Armys Nerin; cambios estética
Liña 5:
:''(En campo de azur, unha arpa de ouro cordada de prata)''
 
== A arpa irlandesa ==
A [[arpa]] é recoñecida como un [[símbolo]] de [[Irlanda]] xa dende o [[século XIII]], e a súa primeira aparición nas cuñacións monetarias anglo-irlandesas data de [[1536]], durante o reinado de [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]], aparecendo como o terceiro cuarto do escudo de armas real do [[Reino Unido]].
 
Liña 12:
A arpa das moedas acuñadas en [[1928]] está baseada no arpa de [[Galway]] e na do [[Trinity College (Dublín)|Trinity College]], mentres que unha versión moito máis modificada introduciuse na acuñación de [[1939]], que é a que subsiste hoxe día nas [[moedas de euro de Irlanda]].
 
== O escudo de armas real de Irlanda ==
[[Ficheiro:Royal Coat of Arms of the United Kingdom.svg|right|200px|thumb|[[Escudo do Reino Unido|Escudo de armas real do Reino Unido]], coa arpa irlandesa]]
A partires da chegada da [[Estuardo|dinastía Estuardo]] aos tronos de [[Inglaterra]] e Irlanda en [[1603]], o escudo de armas real comezou a usar a arpa irlandesa representando ao Reino de Irlanda. A través dos anos, a arpa foi alterada e recolocada representando os diferentes cambios no panorama político ata que o [[Escudo do Reino Unido|escudo de armas real británico]] acadou a oficialidade coa ascensión ao trono do [[Reino Unido]] da raíña [[Vitoria I do Reino Unido|Vitoria I]] en [[1819]], momento dende o cal permaneceu inalterado. Este escudo de armas mostra a arpa irlandesa tanto en Inglaterra, Escocia e Gales coma no [[Escudo do Canadá|escudo de armas do Canadá]], no cuarto inferior esquerdo.
 
== A arpa de Brian Boru ==
A arpa de [[Brian Boru]] (tamén denominada como a ''[[Arpa do Trinity College]]'') data concretamente de finais do [[século XIV]] e móstrase de xeito permanente na Gran Sala da [[biblioteca]] do [[Trinity College de Dublín]], sendo a representación desta arpa máis antiga que aínda existe en Irlanda. Esta arpa foi así denominada por Brian Boru, [[Gran Rei de Irlanda]], aínda que morreu 400 anos antes de que a arpa fose fabricada, xa que logo non puido pertencer a el.
 
[[Categoría:Escudos de países|Irlanda]]
[[Categoría:Símbolos de Irlanda]]
 
Liña 37:
[[fi:Irlannin vaakuna]]
[[fr:Armoiries de l'Irlande]]
[[gv:Armys Nerin]]
[[he:סמל אירלנד]]
[[hr:Grb Irske]]