Poliamina: Diferenzas entre revisións

composto orgánico
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nova páxina: "thumb|Estrutura química da [[putrescina.]] thumb|Estrutura química da [[espermidina.]] As '''poliaminas''' son moléculas..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 1 de xullo de 2011 ás 19:50

As poliaminas son moléculas de natureza policatiónica presentes tanto en plantas, coma animais e microorganismos. Nas plantas actúan como fitohormonas, é dicir, reguladores do desenvolvemento, aínda que este papel é discutido [1] debido a que a súa concentración na planta é moi elevada, o que é oposto á idea de que interveñan como hormonas, substancias, que por definición, son activas en moi baixa dose: podería ser. outra opinión é que actúan simplemente como segundos mensaxeiros.[1] O que si está claro é que afectan a varios aspectos do desenvolvemento, crecemento, senescencia e resposta ao estrés. As poliaminas son biosintetizadas a partir da cadaverina e por transferencia dun grupo aminopropil fornecido por unha molécula de S-Adenosil metionina descarboxilada.

Estrutura química da putrescina.
Estrutura química da espermidina.

As poliaminas máis importantes das plantas son a putrescina (unha diamina), a espermidina (unha triamina) e a espermina (unha tetraamina). Debido á súa natureza policatiónica, poden unirse e estabilizar a polímeros ricos en cargas negativas como é o ADN,[2] pero tamén a fosfolípidos e proteínas.[1] Ditas funcións poropóñense igualmente para animais e microorganismos.

Un exemplo da súa importancia é que cando a súa síntese está inhibida, o ciclo celular deténse ou vai máis lento, a non ser que se engadan exoxenamente. A maioría das células eucariotas posúen un sistema de transporte de poliaminas situado na membrana plasmática que facilita a captación de poliaminas exóxenas. Dito sistema, de vital importancia en tecidos animais que se encontran en proliferación, é unha diana farmacolóxica no desenvolvemento de novos compostos quimioterapéuticos.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Azcón-Bieto,J y Talón, M. Fundamentos de Fisiología Vegetal. Mc Graw Hill Interamericana de España SAU. ISBN 84-486-0258-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  2. Prescott, L.M. Microbiología. McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U. ISBN 84-486-0261-7.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  3. Wang, C.; Delcros, J.-G.; Cannon, L.; Konate, F.; Carias, H.; Biggerstaff, J.; Gardner, R.; Phanstiel, O. Defining the molecular requirements for the selective delivery of polyamine-conjugates into cells containing active polyamine transporters. J. Med. Chem. 2003, 46, 5129-5138.