Diferenzas entre revisións de «Felipe Martínez Marzoa»

lig int
(Desfíxose a edición 1659473 de Paradanta (conversa))
(lig int)
 
==Traxectoria==
Á idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa ''Historia da filosofía'', tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permenecepermanece fiel ao propósito hermenéutico da [[historia da filosofía]].
 
En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por [[Jacobo Muñoz Veiga]], na [[Universidade Complutense de Madrid]]. O estudo e a influencia de [[Heidegger]], recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.
A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de [[filosofía]], e con estudos sobre o [[marxismo]]. Paulatinamente abandona a temática [[política]] e oriéntase cara á problemática da [[fenomenoloxía]] lingüística e da [[hermenéutica]] dos textos gregos, así como cara ao estudo da [[filosofía]] alemá no período que abarca de [[Leibniz]] a [[Nietzsche]].
 
Algunhas das súas [[teses]] principais versan sobre a irreductibilidade do [[ser]] en [[Grecia]], a importancia do [[cristianismo]] como mediador entre [[Grecia]] e a [[modernidade]], a [[física matemática]] e a calculabilidade do [[ente]] moderno, e a distancia [[hermenéutica]] da [[Historiahistoria da Filosofía]]filosofía desde Nietzsche ata os nosos días.
 
==Obras==