Diferenzas entre revisións de «Éster»

 
== Propiedades físicas ==
Os ésteres poden participar nos [[ponte de hidróxeno|enlaces de hidróxeno]] como aceptores, pero non poden participar como dadores neste tipo de enlaces, a diferenza dos alcohois dos que derivan. Esta capacidade de participaren nos enlaces de hidróxeno fainos máis hidrosolubles ca os [[hidrocarburo]]s dos que derivan. Pero as limitaciones dos seus enlaces de hidróxeno fainos máis hidrofóbicos ca os alcohois ou ácidos dos que derivan. Esta falta de capacidade de actuar como dador de enlace de hidróxeno orixina que non se poidan formar enlaces de hidróxeno entre [[molécula]]s de '''ésteres''', o que os fai máis volátiles ca un ácido ou alcohol de similar peso molecular<ref name=March>March, J. “Advanced Organic Chemistry” 4th Ed. J. Wiley and Sons, 1992: New York. ISBN 0-471-60180-2.</ref>.
 
Moitos ésteres teñen un aroma característico, o que fai que se utilicen amplamente como sabores e arrecendos artificiais. Por exemplo:
179.287

edicións