Asteraceae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Pexego (conversa | contribucións)
Liña 56:
O [[androceo]] presenta usualmente 5 [[estame]]s, os cales alternan cos lóbulos da corola. Os filamentos, afastados entre si, áchanse insertos no tubo da corola. As [[antera]]s únense entre si, moitas veces con apéndices apicais ou lóbulos basais, formando un tubo ao redor do estilo no cal o pole é liberado, e o estilo entón medra a través deste tubo, empuxando cara a fóra ou tomando o pole (con pelos variadamente desenvolvidos) e presentándollo aos visitantes florais, despois do cal os [[estigma (Botánica)|estigmas]] vólvense receptivos (é dicir, cun émbolo ou mecanismo de polinización por cepillado). As anteras presentan dehiscencia lonxitudinal e introrsa. Os grans de [[pole]] usualmente son tricolporados.
 
O [[xineceo]] é de 2 [[carpelo]]s connados, [[ovario (Botánica)|ovario]] ínfero, unilocular. Presentan un só [[óvulo (botánica)|óvulo]] anátropo, con 1 tegumento e un delgado [[esporanxio|megasporanxio]]. A [[placentación]] é basal. O [[pistilo]] presenta un [[estilo]] que usualmente posúe no seu ápice un [[nectario]]. O [[estilo]] áchase dividido distalmente en dúas ramas (''ramas estilares'') que presentan papilas [[estigma|estigmáticas]] na súa cara adaxial dispostas en dúas liñas afastadas ou ben, nunha soa banda continua.
 
=== Inflorescencia ===