Anterozoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
traducido da wiki portuguesa
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2011 ás 14:00

O anterozoide é a célula sexual (ou gameto) masculino das plantas, mais tamén das algas, nos casos en que existe heterogamia[1].

O termo provén de antera, o órgano reprodutor masculino das plantas con flor, responsábel pola produción dos grans de pole. Nestas plantas, os anterozoides son transportados até aos óvulos, encerrados en grans de pole, polo fenómeno designado como polinización. De feito, a flor é unha adaptación das plantas á vida en terra seca e consiste, esencialmente, na protección dos anterozoides en grans de pole, cuxa función é guiar os anterozoides até aos óvulos.

As plantas sen flor, pola súa parte, son dependentes de locais húmidos para poderen realizar a fecundación. Debido á alternancia de xeracións, os gametófitos responsábeis pola produción dos gametos precisan dun ambiente húmido que facilite a locomoción dos anterozoides.

Notas

  1. Oliveira, Eurico Cabral de (1996) 'Introdución á Bioloxía Vexetal' EdUSP, Brasil a 9 de xullo de 2009