Celestino I, papa: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
m (r2.7.1) (bot Engadido: eu:Zelestino I.a)
Sen resumo de edición
{{PapS-V}}
[[Ficheiro:Celestino I SanCelestine1pope.jpg|thumb|left|150 px|San Celestino I]]
'''San Celestino I''' naceu e morreu en [[Roma]] e foi papa entre o [[422]] e o [[432]]. Pénsase que era familiar do emperador [[Valentiniano I]]. Combateu os [[Pelaxio|pelaxistas]] e [[nestorianismo|nestorianos]].
== Vida ==
San '''Celestino I''' foi nado en [[Campania]] ([[Italia]]) sobre o derradeiro cuarto de século IV. Segundo os biógrafos, Celestino viña dunha familia nobre e emparentada con reis; parte dos estudos sinalan o emperador [[Valentiniano]] coma familiar máis proximo a través de seu pai, Prisco (ou Priscus). De súa nai non aparece documentado nada, mais é de supoñer que Celestino foi nobre e romano coma seu pai, só que nalgún punto da súa vida este aspecto deu a volta con singularidade. Suponse que estivo retirado no deserto e que anos despois foi ordeado crego, chegando incluso a ser bispo en Siria. Mais nada hai documentado que impulse a crer que este estilo de vida fose certo; tan só algunhas fontes exteriores de procedencia dubidosa. É posible que estudara teoloxía e relixión e a primeira referencia xa documentada deste home consta do ano [[416]] na que detenta o cargo de diácono e arquidiácono da igrexa romana (posiblemente no pontificado de papa [[Inocencio I, Papa|Inocencio I]]).
225.212

edicións