Antístenes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: az:Antisfen
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 2:
'''''Antístenes''''' ([[-444|444 a. C.]] — [[-365|365 a. C.]]) foi un [[filósofo]] [[Grecia|grego]], o fundador da escola [[cinismo|cínica]]. Nado en [[Atenas]] de pais [[tracios]], a súa condición de estranxeiro marcouno durante toda a súa vida. Estímase que gozou de boa posición económica durante a súa xuventude, e estudou retórica baixo [[Gorxias]], [[Hipias]] e [[Pródico]].
 
Desencantado da filosofía existente, perdeu a fe nela. Nesa situación fíxose discípulo de [[Sócrates]]. O seu entusiasmo pola disciplina socrática levouno a fundar unha escola no santuario e ximnasio de [[Cinosargo]]; o nome do lugar (probablemente de κυωνκύων αργοςἀργός, ''kyonkýon argosargós'', "perrocan áxil") é unha das probables orixes para o nome de ''cínicos'' (no [[lingua grega|grego]] κυνικοςκυνικός, ''kynikoskynikós'', "semellante ao can"). Os seus discípulos contábanse sobre todo entre as clases populares, debido á simplicidade que predicaba. A súa vestimenta —capa e [[báculo pastoral|báculo]]— converteuse no uniforme da escola.
 
A doutrina de Antístenes é fragmentaria, aínda que [[Dióxenes Laercio]] informa que escribiu extensamente. Sábese que, como os [[escola eleática|eleático]]s, negaba a realidade das calidades, posto que implicarían que un determinado ser é e non é o mesmo ó mesmo tempo. De Antístenes é a primeira definición conservada do [[enunciado]] como "aquilo que di o que algo é ou era" (Dióxenes Laercio VI, 3). Á súa vez, mediante o [[Crátilo]] de [[Platón]], pódese apreciar outra ensinanza del, segundo a cal "o que coñece o nome, coñece a cousa".