Diferenzas entre revisións de «Shabat»

vela>candea
m (r2.7.1) (bot Engadido: nds:Sabbat)
(vela>candea)
O ''[[Kidush]]'' lévase a cabo recitando un texto [[Biblia|bíblico]] e unha bendición sobre unha copa de [[viño]], seguido da bendición do [[pan]]. Esta práctica esténdese tamén á mañá do [[sábado]].
 
A ''[[Havdalá]]'' recítase despois de rematar o Shabat o [[sábado]] pola noite. Tamén se recita sobre [[viño]], e bendinse [[especia]]s (comunmente [[canela]] ou [[cravo (especia)|cravo]]) así como unha [[candea|vela]]. Unha vez rematada a ''havdalá'' non se procede coa bendición do [[pan]], pois non necesita dicirse ao principio dunha comida.
 
Outro mandamento, de carácter [[rabino|rabínico]], para honrar a festividade é o [[aceso das candeas]] antes de iniciar o Shabat, o [[venres]] pola tarde. Este mandamento foi feito preferentemente para a [[muller]], aínda que en caso de non haber ningunha muller na casa pode ser levado a cabo por un [[varón]]. Abonda con prender un minimo de dúas [[candea]]s as, aínda que se chegan a prender máis segundo diferentes [[costume]]s.