Diferenzas entre revisións de «The Lord of the Rings: The Fellowship of the Ring»

Bilbo mantivo o Anel por case 60 anos sen coñecer a súa verdadeira natureza, xa que pensaba nel como unha mera curiosidade que lle permitía converterse en invisíbel cando o usaba. Ademais, aínda que non sabía, o anel deulle unha gran lonxevidade. Durante a celebración do seu aniversario de n º 111, [[Gandalf]] o Gris presiona a Bilbo a deixar o anel, xa que coa actitude anormal e agresiva de Bilbo comeza a sospeitar sobre a verdadeira natureza do [[Anel Único|Anel]]. Gandalf convence Bilbo a entregar o anel para o seu sobriño favorito, [[Frodo Bulseiro]]. [[Gandalf]], entón aconsella a Frodo que garde e manteña o segredo do anel, mentres viaxa a [[Minas Tirith]] para investigar.
 
Gandalf pasou varios anos buscando e descubriu que o Anel debe ser nada menos que o Anel de [[Sauron]]. Volta cara [[A Comarca]] e envía a Frodo e [[Samsagaz Gamllí]] (os que despois se lles unirían [[Meriadoc Brandigamo]] e [[Peregrin Tuc]]) nunha viaxe fóra dos límites da provincia para impedir que o anel sexa atopado polo inimigo. Frodo diríxese cara [[Bree]] mentres [[Gandalf]] vai apresuradamente cara [[Isengarda]] para consultar co xefe da súa orde (os [[Istari]]) [[Saruman]]. Frodo chega a Bree co seus amigos e descobre que Gandalf aínda non chegou. Máis tarde revélase que Saruman o traizoou e mantivo prisioneiro na súa torre, pero Gandalf foxe coa axuda de [[Gwaihir]] (Señor das Grandes Aguias). En Bree, Frodo e os seus compañeiros atopan a [[Aragorn]], o herdeiro do reino humano de [[Gondor]], pero que se presenta ante eles como un montaraz Dúnadan chamado Alancadas. Coa súa axuda evadiron ós espectros do anel ou [[Nazgûl]] e continuaron a súa viaxe ata [[Valfendido]]. Despois de moitas aventuras nas que Frodo foi atacado por un Nazgûl, que case o mata chegan a [[Valfendido]], onde Gandalf, o Gris o estaba agardando e onde grazas á maxia de [[Elrond]], señor de Imladris, Frodo é curado ( aínda que non totalmente) do veleno da folla do Nazgûl que o atacou.
 
[[Valfendido]] tamén foi onde se realizou o Consello de Elrond, que foi a reunión dos representantes das razas e pobos da [[Terra Media]], onde se decidiu que o Anel debía ser destruído, aínda qe facelo implicase aventurarse nas profundidades de Mordor e no Monte do Destino para arroxalo nos seus lumes, a única forma da que pode ser destruído. Frodo asumiu a misión, e prometeron axudalo nela o mago [[Gandalf]], [[Aragorn]] o herdeiro ó trono, o elfo [[Legolas]], o anano [[Gimli]], [[Boromir]] o capitán de [[Gondor]], e os hobbits Sam, Merri e Pippin. Xuntos, eles formaron a [[Irmandade do Anel]].
Despois de pasar polo bosque de [[Lothlórien]], onde [[Galadriel]], señora do bosque lles deu agasallos para todos e os deixou estar no seu pazo.
 
Seguiron parte da viaxe en barco, pero nunha das súas paradas foron atacados por [[Uruk-hai]], os orcos de [[Isengarda]], enviados para capturar a Frodo,. peroPara non dar detalles que poderían motivar unha traizón, [[Saruman]] só lles dixo que lle llevaran a tódolos [[hobbits]] "vivos e intactos", co motivo dunha suposta arma de guerra élfica que estos tiñan e que mataran ó resto.
 
Frodo foi atacado por Boromir, que foi corrompido polo anel, e decidiu que era mellor continuar a viaxe só grazas ós ánimos de Aragorn. Ao tentar fuxir os orcos atacaronoatacárono, polo que Merri e Pippin chamaron a súa atención lonxe de Frodo. Os orcos levaron a Merri e Pippin despois de matar a Boromir que tentara protexelos. Aragorn, Legolas e Gimli partiron na súa persecución. Frodo foi nun dos barcos, pero Sam sorprendeuno oó marchar, e pediulle que lle deixase acompañalo. Finalmente parten xuntos, e os outros van en busca de Merri e Pippin. Boromir morre a mans de [[Lurtz]], o xefe dos [[Uruk-hai]]. Logo, Sam e Frodo viaxan sós, e a película remata.
 
==Premios e nomeamentos==
344.975

edicións