Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''guerra do Peloponeso''' designa o conflito que durou de [[-431]] a [[-404]], enfrontando a [[Atenas]], que transformara a [[liga de Delos]] (destinada na súa orixe a resistir aos [[Persaspersas]]) nun imperio sometido ao seu poder, e a [[Esparta]], potencia oligárquica e conservadora, cuxo exército terrestre era a forza militar máis poderosa da época, e que dirixía a [[Liga do Peloponeso]], así como a [[Beocia]].
 
== Causas da guerra ==
Liña 49:
En [[-429]], [[Formión]] conseguiu unha semi-vitoria naval fronte a [[Naupacto]]. En [[-428]], o seu sucesor, que portaba o mesmo nome, acada tamén unha vitoria en batalla naval en Naupacto.
 
Os atenienses lograron tomar Potidea. Os espartanos desistiron de atacar a Ática pero devastaron a Platea. Atenas levou unha flota para bloquear o golfo de Corintio, o que levou a cabo no seu punto mais estreito, onde derrotou a unha flota peloponesa. No 428 a. C. a illa de Lesbos trocou de bando, o que levou a Atenas a crear un novo imposto para financiar a guerra. A defección de [[Mitilene]] na illa de [[Lesbos]], que quería abandonar a [[Liga de Delos]], provocou unha expedición punitiva por parte de [[Atenas]]. Mitilene rendeuse [[-427]], antes da chegada dunha flota de auxilio [[espartiata]]. Lesbos foi ocupada dun xeito encarnizado, derrubáronse as murallas de Mitilene e establecéronse colonos áticos na illa.
 
Despois disto, considerouse que Atenas mantivera unha política defensiva e que era preciso tomar a iniciativa. Nun principio, esta política deu os seus froitos, máis resoantes que efectivos, pero induciron aos contendentes a tentar buscar unha saída a un conflito esgotador. Mentres tanto, Nicias tomara Corcira e a illa de Citerea, e deste xeito o Peloponeso veuse arrodeado por prazas nas que a Confederación estaba ben asentada