Encoro de Portodemouros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 14:
 
==A presa e o parque de transformación==
A presa, de gravidade e planta recta, foi construída entre [[1964]] e [[1967]]. É de pedraplén, co interior de [[arxila]]. Mide 90 metros sobre o leito do río, cun volume de 2.350.000 m³ e unha lonxitude de coroación de 430 metros, máis unha ponte sobre o aliviadoiro de 30 metros.
 
Conta cun aliviadoiro de superficie na beira esquerda de 130 metros, capaz de desaugar 1,500 m³/s., dotado dunha comporta de tipo vagón de 4 metros de luz por 8 metros de altura, que pode desembalsar 395 m³/s. para rebaixar a cota do encoro en previsión de fortes crecidas.