Florín florentino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos de formato
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Fiorino 1347.jpg|380px|thumb|esquerdaright|Florín de ouro de [[Florencia]] de [[1340]].]]
O '''florín florentino''' (''fiorino d'oro'' en [[italiano]]) foi unha moeda medieval emitida en [[Florencia]] desde [[1252]], que se converteu na moeda de ouro de referencia en [[Europa]] nos [[século XIII|séculos XIII]] e [[século XIV|XIV]].
 
== Historia ==
A mediados do [[século XIII]] a [[República de Florencia]] era unha potencia mercantil e económica no Mediterráneo. Para consolidar o seu poder comercial comezou a cuñar unha moeda de alto valor que puidera substituír ás pezas de ouro que foran a referencia internacional até o [[século XII]]: o [[Imperio bizantino|soldo bizantino]] e o [[dinar]] [[islam|islámico]].
[[Ficheiro:Fiorino 1347.jpg|380px|thumb|esquerda|Florín de ouro de [[Florencia]] de [[1340]]]]
 
O florín de Florencia foi unha moeda de ouro cuxa tipoloxía foi sempre moi homoxénea, mesmo nas imitacións posteriores que dela se fixeron (debido ao seu éxito) en toda Europa, notabelmente na [[Coroa de Aragón]], onde [[Pedro IV de Aragón]], o Cerimonioso, comezou a cuñar o [[florín aragonés]]. Esta foi, no anverso, a flor de lis, emblema de [[Florencia]], coa lexenda FLORENTIA e, no reverso, o patrón desta república italiana, San Xoán Bautista, en actitude de bendicir, con nimbo, e un báculo apoiado no ombro esquerdo e superado con cruz, coa inscrición S.(anctus) JOHANNES B.(aptista).