Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
Linné contacta entón con [[Philip Miller]], un reputado horticultor [[Escocia|escocés]]. Miller impulsara na década de [[1710]] en [[Chelsea]] ([[Londres]]) un equipo de traballo que pretendía chegar a un acordo sobre a denominación das plantas, co obxectivo de darlles un unívoco nome para toda a comunidade de [[xardiñería|xardiñeiros]] e científicos. Miller estaba na liña de vangarda da importación de plantas exóticas ao [[Reino Unido]] e quería explorar as diferenzas entre as especies tradicionais e as especies semellantes que lle viñan de fóra. O equipo de traballo disólvese sen acabar a súa misión, e Miller é designado xefe de xardinería do [[Chelsea Physic Garden]] en [[1722]]. Miller organiza o xardín botánico [[Londres|londiniense]] en función do aproveitamento humano que se facía das plantas. En [[1731]] publica a súa obra magna, ''The Gardener's Dictionary containing the Methods of Cultivating and Improving the Kitchen Fruit and Flower Garden'', onde ordeaba [[alfabeto|alfabeticamente]] todas as plantas que se podían cultivar en [[Inglaterra]] e onde procuraba para elas un nome único. A obra chegou a coñecer oito edicións e foi traducida ao [[lingua neerlandesa|neerlandés]]. Mais o encontro entre Linné e Miller acaba en rotundo fracaso e nunha inimizade que lles duraría toda a vida.
 
Posteriormente Linné trasláda setrasládase a [[Oxford]], onde contacta co profesor de botánica na [[Universidade de Oxford|universidade]], o [[Alemaña|alemán]] [[Johann Jacob Dillenius]]. Con Dillenius desenvolve unha dinámica de traballo e amizade persoal. En [[1738]] Linné regresa a [[Suecia]] onde impulsa o [[xardín botánico de Uppsala]]. Nel as plantas están distribuídas conforme a clasificación linneana de especies polo número dos seus órganos reprodutores masculinos e femininos. Como profesor de botánica da universidade de [[Uppsala]], organizou a confusa e vaga terminoloxía anterior creando o sistema binomial de designar as especies. No seu ''[[Species Plantarum]]'' ([[1753]]) lista e ordena 7.700 nomes de plantas.
 
Naquel tempo ([[1716]]), o floreiro [[Inglaterra|ingles]] [[Thomas Fairchild]] creou o primeiro [[híbrido]] ao cruzar dúas especies distintas de [[caravel|caraveis]]: un macho de [[Dianthus barbatus]] e unha femia de [[Dianthus caryophyllus]]. Fairchild presentoulle os seus éxitos en público á [[Royal Society]] en [[1720]]. Tamén [[John Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, senón nun extracto de solo.
 
{{en uso}}
 
== A botánica moderna (desde 1945) ==