Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado refs
Liña 32:
O [[século XVIII]] está marcado polos traballos dun botánico [[Suecia|sueco]]. [[Carl von Linné]] matriculouse en [[Medicina]] na [[Universidade de Uppsala]] e comezou a estudar a [[anatomía]] das plantas e, mais en concreto, a súa actividade reprodutiva. Identificou dúas partes nas flores: unha masculina, chamada [[estame]] e outra feminina, chamada [[pistilo]]. Advertiu que esas partes non se presentaban en igual número en todas as especies, e que había plantas con dous estames e un pistilo, con tres pistilos e un estame, etc., e propuxo unha clasificación de todas as plantas baseada nesa distribución de xenitais nas plantas. En [[1735]] publica con estas investigacións ''[[Sistema naturae]]'', un sistema de clasificación botánica de catorce páxinas, e viaxa a [[Inglaterra]] para dalo a coñecer. Porén a súa obra coñeceu un forte rexeitamento: ignorado pola [[Royal Society]] de [[Londres]], ou vilipendiado por outros botánicos, como o [[prusia]]no [[Johann Siegesbeck]], que cualificou as súas teorías de que varios individuos femininos se reproducisen cun masculino, ou viceversa, de "[[prostitución]] noxenta"<ref>[http://correspondence.linnean-online.org/3282/ Carta de Johann Siegesbeck a Carl von Linné], 17/12/1736, da web coa integral da correspondencia de Linné, ''Linnean Correspondence''.</ref>, e de opoñerse a [[Deus]].
 
Linné contacta entón con [[Philip Miller]], un reputado horticultor [[InglaterraEscocia|inglésescocés]]. Miller impulsara en [[Chelsea]] ([[Londres]]), onde traballaba, un equipo de estudo que pretendía chegar a un acordo sobre a denominación das plantas, co obxectivo de darlles un unívoco nome para toda a comunidade de [[xardinería|xardineiros]] e científicos.
 
[[John Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, senón nun extracto de solo.