Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 13:
 
== Séculos XVI e XVII ==
O texto de Dioscórides non foi nunca esquecido, senón copiado e ás veces comentado ou ampliado, ao longo de toda a [[Idade Media]] e do [[Renacemento]], tanto nos países [[cristianismo|cristiáns]] como [[Islam|musulmáns]]. A primeira versión impresa é de [[1478]], pero a partir de [[1516]] sucedéronse numerosas edicións ilustradas e comentadas, entre as que destacan a italiana de [[Pietro Andrea Gregorio Mattioli|Andrea Mattioli]], probablemente a que máis contribuíu á difusión da obra, ou a española de [[Andrés Laguna]].
 
No [[século XVI]] fundáronse no norte de [[Italia]] os primeiros [[xardín botánico|xardíns botánicos]]. O estudo empírico das plantas de cada país e das exóticas, traídas polos exploradores europeos e cultivadas nos xardíns, comezou de novo, e empezaron a publicarse tratados e catálogos que xa non se limitaban a reproducir ou simplemente comentar a obra dos antigos, senón que, comprobada a insuficiencia dos catálogos antigos, buscaban obter e presentar un coñecemento o máis exhaustivo posible da diversidade das plantas. Destacan nesta tarefa obras como as de [[Adam Lonitzer]], [[DalechampJacques Daléchamps]], [[Nicolás Monardes]] ou, [[CarolusCharles Clusius]]de (Ll'Écluse)]], [[Conrad Gessner]] ou [[LeonhartLeonhard Fuchs]]. O esquema clasificatorio seguiu sendo neste período debedor do de [[Teofrasto]].
 
A ''Pinax theatri botanici'' ([[1623]]), do suízo [[Gaspard Bauhin]], recollía xa unhas 6.000 especies vexetais que o autor se esforzara en clasificar segundo grupos naturais, no canto dunha lista alfabética, como os seus predecesores. Con todo, o criterio empregado por Bauhin, a forma das follas, resulta pouco apropiado. Bauhin tamén empezou a usar as categorías de xénero e especie, nun sentido próximo ao que chegaron a adquirir despois na [[bioloxía sistemática]].
 
A necesidade de criterios de clasificación impulsou a investigación das partes das plantas e das súas funcións. [[Andrea Cesalpino]], no seu ''De plantis libri XVI'' ([[1586]]) explicou que a clasificación debía basearse en carácteres obxectivos, nos seus trazos, e non na utilidade. O seu éxito en lograr unha clasificación natural foi limitado, pero foi ademais o primeiro que incluíu o estudo de «vexetais» ata entón excluídos, como as [[alga]]s, os [[Brión (botánica)|brións]], os [[fieito]]s, os [[equiseto]]s, os [[fungo]]s e os [[coral|corais]], moito antes de que se comprendese que os fungos non son vexetais e que os corais son en realidade animais.