Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 5:
Un primeiro interese científico, ou máis ben filosófico, atopámolo no [[Antiga Grecia|grego]] [[Empédocles de Agrigento]] ([[-490|490]]-[[-430|430]] aC), o representante máis coñecido da [[escola pitagórica]]. Para Empédocles as plantas non só tiñan [[alma]], senón tamén algunha forma de sentido común xa que, por moito que o impidamos, teiman na súa intención e medran cara á [[luz]]. Empédocles tamén sinalou que o corpo dunha planta non forma un todo integrado, como o dun animal, senón que parece coma se cada parte vivise e crecese pola súa conta. Esta idea expresaríase na actualidade co concepto de desenvolvemento aberto ou indeterminado.
 
[[Aristóteles]] ([[-384|384]]-[[-322|322]] aC) escribiu cumpridamente sobre [[animal|animais]], pero non sobre plantas. [[Teofrasto]] ([[-372|372]]-[[-287|287]] aC), lixeiramente máis novo, foi o seu discípulo e herdou del a dirección do [[Liceo]], ademais da súa biblioteca. Teofrasto deixou dúas obras importantes que se adoitan sinalar como orixe da ciencia botánica: ''[[Historia plantarum]]'' (Historia das plantas) e ''De causis plantarum'' (Sobre a orixe das plantas)''. A obra de Teofrasto é a máis importante sobre o tema de toda a [[Idade Antiga|Antigüidade]] e a [[Idade Media]].
 
Os [[Imperio Romano|romanos]] abordaban todo cun sentido máis práctico, menos emparentado coa ciencia pura e máis coa [[enxeñería]] ou as ciencias aplicadas. Ese carácter práctico atopámolo na obra de [[Plinio o Vello]] ([[23]]-[[79]]) ''[[Naturalis Historia]]'' (Historia natural), onde a atención prestada ás plantas é, por outra banda, moi limitada. A mesma orientación práctica anima a obra de [[Dioscórides]] ([[40|~40]]-[[90|~90]]), médico grego ao servizo do exército imperial romano, cuxa obra ''[[De materia medica]]'' está dedicada, como o seu título indica, aos produtos cos que se elaboran as [[menciña]]s. Non ten nada que ver coa obra de Teofrasto, que é unha verdadeira enciclopedia botánica.
 
=== Idade Media ===
As primeiras observacións novas débense a [[Hildegard von Bingen]] e a [[Alberte Magno]], que tivo unha grande influencia nos séculos seguintes.
 
=== Séculos XVI e XVII ===
O texto de Dioscórides non foi nunca esquecido, senón copiado e ás veces comentado ou ampliado, ao longo de toda a [[Idade Media]] e do [[Renacemento]], tanto nos países [[cristianismo|cristiáns]] como [[Islam|musulmáns]]. A primeira versión impresa é de [[1478]], pero a partir de [[1516]] sucedéronse numerosas edicións ilustradas e comentadas, entre as que destacan a italiana de [[Pietro Andrea Gregorio Mattioli|Andrea Mattioli]], probablemente a que máis contribuíu á difusión da obra, ou a española de [[Andrés Laguna]].
 
Liña 30:
[[Bernard Palissy]]) explicou por que as plantas necesitan abono. [[Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, mais sí nun extracto de chan. Jan Van Helmont) deu os primeiros pasos para a comprensión do papel da auga na nutrición das plantas, pero foi [[Edme Mariotte|E. Mariotte]]) quen demostrou que para formar a súa masa as plantas necesitan ademais da auga, materia tomada do chan e do aire.
 
=== Século XVIII ===
 
=== A botánica moderna (desde 1945) ===
 
Unha considerable cantidade de novos coñecementos na actualidade foron xerados polo estudo das [[organismos modelo|plantas modelo]] como ''[[Arabidopsis thaliana]]''. Esta mala herba foi unha das primeiras plantas en ver o seu [[xenoma]] secuenciado. Outros máis importantes comercialmente como alimentos básicos como o [[arroz]], [[trigo]], [[millo]], [[cebada]], [[centeo]], e a [[soia]] están tendo tamén as súas secuencias do [[xenoma]]. Algunhas destas son un reto posto que teñen nas súas secuencias máis de dous xogos de [[cromosomas]] [[haploide]]s, unha condición coñecida como [[poliploide|poliploidía]], común no reino vexetal. Un alga verde ''[[Chlamydomonas reinhardtii]]'' (un célula, soa, verde alga) é outro modelo de organismo importante que foi extensivamente estudado e prové importantes coñecementos á bioloxía celular.
 
[[Categoría:Botánica]]