Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
arranxos
Liña 7:
[[Aristóteles]] ([[-384|384]]-[[-322|322]] aC) escribiu cumpridamente sobre [[animal|animais]], pero non sobre plantas. [[Teofrasto]] ([[-372|372]]-[[-287|287]] aC), lixeiramente máis novo, foi o seu discípulo e herdou del a dirección do [[Liceo]], ademais da súa biblioteca. Teofrasto deixou dúas obras importantes que se adoitan sinalar como orixe da ciencia botánica: ''[[Historia plantarum]]'' (Historia das plantas) e ''De causis plantarum'' (Sobre a orixe das plantas)''. A obra de Teofrasto é a máis importante sobre o tema de toda a [[Idade Antiga|Antigüidade]] e a [[Idade Media]].
 
Os [[Imperio Romano|romanos]] abordaban todo cun sentido máis práctico, menos emparentado coa ciencia pura e máis coa [[enxeñería]] ou as ciencias aplicadas. Ese carácter práctico atopámolo na obra de [[Plinio o Vello]] ([[23]]-[[79]]), ''[[Naturalis Historia]]'' (Historia natural), onde a atención prestada ás plantas é, por outra banda, moi limitada. A mesma orientación práctica anima a obra de [[Dioscórides]] (s. I), médico grego ao servizo do exército imperial romano, cuxa obra ''De materia medica'' está dedicada, como o seu título indica, aos produtos cos que se elaboran as menciñas. Non ten nada que ver coa obra de Teofrasto, que é unha verdadeira enciclopedia botánica.
 
=== Idade Media ===