Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
lig int
Liña 1:
== Orixes ==
[[Ficheiro: Theophrastus.jpg|thumb|right|100pix|[[Teofrasto]], considerado como o ''pai da Botánica'']]
Debido ao intenso aproveitamento das [[planta]]s por parte dos [[ser humano|humanos]], o estudo das mesmas, ou [[botánica]], é das especialidades do saber que deixou rexistros máis antigos. Os primeiros escritos de que se ten noticia corresponden a catálogos ou guías de plantas alimenticias ou [[medicina]]is. Un exemplo disto é o ''Libro de xardinería'' de [[Marduk-Apal-Iddina II]] (do [[século -8VIII|século VIII AC]]), rival de [[Sargón de Asiria]] e gobernante de [[Babilonia]], que trata das plantas comestibles, [[forraxe]]iras, condimenticias, medicinais ou ornamentais que se cultivaban por entón en [[Mesopotamia]].
 
Un primeiro interese científico, ou máis ben filosófico, atopámolo no [[Antiga Grecia|grego]] [[Empédocles de Agrigento]] ([[-490|490]]-[[-430|430]] aC), o representante máis coñecido da escola [[pitagorismo|pitagórica]]. Para Empédocles as plantas non só tiñan [[alma]], senón tamén algunha forma de sentido común porque, por moito que o impidamos, teiman na súa intención e medran cara á [[luz]]. Empédocles tamén sinalou que o corpo dunha planta non forma un todo integrado, como o dun animal, senón que parece coma se cada parte vivise e crecese pola súa conta. Esta idea expresaríase na actualidade co concepto de desenvolvemento aberto ou indeterminado.