Historia da botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Empezo a amañar
arranxos
Liña 3:
Debido ao intenso aproveitamento das [[planta]]s por parte dos [[ser humano|humanos]], o estudo das mesmas, ou [[botánica]], é das especialidades do saber que deixou rexistros máis antigos. Os primeiros escritos de que se ten noticia corresponden a catálogos ou guías de plantas alimenticias ou [[medicina]]is. Un exemplo disto é o ''Libro de xardinería'' de [[Marduk-Apal-Iddina II]] (do [[século -8|século VIII AC]]), rival de [[Sargón de Asiria]] e gobernante de [[Babilonia]], que trata das plantas comestibles, [[forraxe]]iras, condimenticias, medicinais ou ornamentais que se cultivaban por entón en [[Mesopotamia]].
 
Un primeiro interese científico, ou máis ben filosófico, atopámolo no [[Antiga Grecia|grego]] [[Empédocles de Agrigento]] ([[-490|490]]-[[-430|430]] aC), o representante máis coñecido da escola [[pitagorismo|pitagórica]]. ExplicouPara queEmpédocles as plantas non só teñentiñan [[alma]], senón tamén algunha forma de sentido común porque, por moito que o impidamos, insistenteiman na súa intención e crecenmedran cara á [[luz]]. Empédocles tamén sinalou que o corpo dunha planta non forma un todo integrado, como o dun animal, senón que parece coma se cada parte vivise e crecese pola súa conta. AgoraEsta expresariamosidea aexpresaríase mesmana ideaactualidade enco termosconcepto de desenvolvemento aberto ou indeterminado.
 
[[Aristóteles]] ([[-384|384]]-[[-322 a. C.|322]] aC) escribiu cumpridamente sobre [[animal|animais]], pero non sobre plantas. [[Teofrasto]] ([[-372|372]]-[[-287 a. C.|287]] aC), poucolixeiramente máis novo, foi o seu discípulo e herdou del a dirección do [[Liceo]], ademais da súa biblioteca. Teofrasto deixou dúas obras importantes que se adoitan sinalar como orixe da ciencia botánica: ''Historia das plantas'' e ''Sobre as causas (o crecemento) das plantas''. A obra de Teofrasto é a máis importante sobre o tema de toda a [[Idade Antiga|Antigüidade]] e a [[Idade Media]].
 
Os romanos abordaban todo cun sentido máis práctico, menos emparentado coa ciencia pura que coa enxeñería ou a ciencia aplicada. Ese carácter práctico atopámolo na obra de [[Plinio o Vello]] (23-79), ''Naturalis Historia'' (Historia Natural), onde a atención prestada ás plantas é, por outra banda, moi limitada. A mesma orientación práctica anima a obra de [[Dioscórides]] (s. I), médico grego ao servizo do exército imperial romano, cuxa obra ''De materia medica'' está dedicada, como o seu título indica, ás fontes dos medicamentos. Non ten nada que ver coa obra de Teofrasto, que é unha verdadeira enciclopedia botánica.