Botánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m gralla
creo artigo a partir dunha sección
Liña 38:
* Para rematar, as plantas son sumamente valoradas no aspecto recreativo para millóns de persoas que gozan do seu uso na [[xardinería]], a [[horticultura]] e o [[arte culinaria]].
 
== Historia ==
{{AP|Historia da Botánica}}
 
=== Orixes ===
[[Ficheiro: Theophrastus.jpg|thumb|right|100pix|[[Teofrasto]], considerado como o ''pai da Botánica'']]
Por ser empregadas como alimento, o estudo das plantas é un dos que deixaron rexistros máis antigos. Os primeiros escritos de que se ten noticia corresponden a plantas alimenticias ou medicinais, por exemplo, o ''Libro de xardinería'' de Marduk-Apal-Iddina II (século VIII AC), rival de Sargón de [[Asiria]] e gobernante de [[Babilonia]], que trata das plantas comestibles, forrajeras, condimenticias, medicinais ou ornamentais que se cultivaban por entón en [[Mesopotamia]].
 
Un primeiro interese científico, ou máis ben filosófico, atopámolo no grego [[Empédocles de Agrigento]] (490-430 a. C.), o representante máis coñecido da escola pitagórica. Explicou que as plantas non só teñen alma, senón tamén algunha forma de sentido común porque, por moito que o impidamos, insisten na súa intención e crecen cara á luz. Empédocles tamén sinalou que o corpo dunha planta non forma un todo integrado, como o dun animal, senón que parece coma se cada parte vivise e crecese pola súa conta. Agora expresariamos a mesma idea en termos de desenvolvemento aberto ou indeterminado.
 
[[Aristóteles]] (384-322 a. C.) escribiu cumpridamente sobre animais, pero non sobre plantas. [[Teofrasto]] (372-287 a. C.), pouco máis novo, foi o seu discípulo e herdou del a dirección do [[Liceo]], ademais da súa biblioteca. Teofrasto deixou dúas obras importantes que se adoitan sinalar como orixe da ciencia botánica: ''Historia das plantas'' e ''Sobre as causas (o crecemento) das plantas''. A obra de Teofrasto é a máis importante sobre o tema de toda a [[Idade Antiga|Antigüidade]] e a [[Idade Media]].
 
Os romanos abordaban todo cun sentido máis práctico, menos emparentado coa ciencia pura que coa enxeñería ou a ciencia aplicada. Ese carácter práctico atopámolo na obra de [[Plinio o Vello]] (23-79), ''Naturalis Historia'' (Historia Natural), onde a atención prestada ás plantas é, por outra banda, moi limitada. A mesma orientación práctica anima a obra de [[Dioscórides]] (s. I), médico grego ao servizo do exército imperial romano, cuxa obra ''De materia medica'' está dedicada, como o seu título indica, ás fontes dos medicamentos. Non ten nada que ver coa obra de Teofrasto, que é unha verdadeira enciclopedia botánica.
 
=== Idade Media ===
As primeiras observacións novas débense a [[Hildegard von Bingen]] e a [[Alberte Magno]], que tivo unha grande influencia nos séculos seguintes.
 
=== Séculos XVI e XVII ===
O texto de Dioscórides non foi nunca esquecido, senón copiado e ás veces comentado ou ampliado, a todo o longo da [[Idade Media]] e do [[Renacemento]], tamén no mundo musulmán. A primeira versión impresa é de [[1478]], pero a partir de [[1516]] sucedéronse numerosas edicións ilustradas e comentadas, entre as que destacan a italiana de [[Pietro Andrea Gregorio Mattioli|Andrea Mattioli]], probablemente a que máis contribuíu á difusión da obra, ou a española de [[Andrés Laguna]].
 
No século XVI fundáronse, no norte de [[Italia]], os primeiros [[xardíns botánicos]]. O estudo empírico das plantas de cada país e das exóticas, traídas polos exploradores europeos e cultivadas nos xardíns, comezou de novo, e empezaron a publicarse tratados e catálogos que xa non se limitaban a reproducir ou simplemente comentar a obra dos antigos, senón que, comprobada a insuficiencia dos catálogos antigos, buscaban obter e presentar un coñecemento o máis exhaustivo posible da diversidade das plantas. Destacan nesta tarefa obras como as de [[Adam Lonitzer]], [[Dalechamp]], [[Nicolás Monardes]] ou [[Carolus Clusius]] (L'Écluse), [[Conrad Gessner]] ou [[Leonhart Fuchs]]. O esquema clasificatorio seguiu sendo neste período debedor do de [[Teofrasto]].
 
''Pinax theatri botanici'' ([[1623]]), do suízo [[Gaspard Bauhin]], recollía xa unhas 6.000 especies vexetais que o autor esforzouse por clasificar en grupos naturais, no canto de en unha lista alfabética, como os seus predecesores. Con todo o criterio empregado, a forma das follas, resulta pouco apropiado. Bauhin tamén empezou a usar as categorías de xénero e especie, nun sentido próximo ao que chegaron a adquirir despois na [[bioloxía sistemática]].
 
A necesidade de criterios de clasificación impulsou a investigación das partes das plantas e das súas funcións. [[Andrea Cesalpino]], no seu ''De plantis libri XVI'' ([[1586]]) explicou que a clasificación debía basearse en carácteres obxectivos, trazos das plantas, e non na utilidade. O seu éxito en lograr unha clasificación natural foi limitado, pero é ademais o primeiro que incluíu o estudo de «vexetais» ata entón excluídos, como [[alga]]s, [[Brión (botánica)|brións]], [[fieito]]s, [[equiseto]]s, [[fungo]]s e [[coral]], moito antes de que se comprendese que os fungos non son vexetais e os corais son en realidade animais.
 
O traballo máis importante de Sistemática vexetal no século XVII é a ''Historia generalis plantarum'' (Historia xeral das plantas) do inglés [[John Ray]], no que bebeu [[Carl von Linné]], que o proclamou «fundador» da sistemática. Ray introduciu os conceptos de [[monocotiledónea]] e [[dicotiledónea]] na clasificación das entón chamadas «plantas perfectas».
 
O século XVII é o do nacemento da ciencia moderna, impulsada pola obra de [[Galileo Galilei|Galileo]], e da multiplicación das academias científicas, como a [[Accademia dei Lincei]], fundada en [[1603]], a británica ''[[Royal Society]]'', de [[1660]], ou a francesa Academia de Ciencias (''[[Académie deas Sciences]]''), de [[1666]].
[[Ficheiro: RobertHookeMicrographia1665.jpg|thumb|Células na cortiza segundo Robert Hooke]]
 
En [[1665]], empregando un dos primeiros microscopios compostos, [[Robert Hooke]] descubriu na [[casca]] que a materia vexetal está constituída por celdiñas ([[célula]]s). [[Anton van Leeuwenhoek]] fixo pola mesma época as primeiras observacións de organismos microscópicos, entre eles algúns do ámbito amplo da botánica, como as bacterias. Nehemiah Grew) examinou metodicamente as estruturas das distintas partes das plantas, observando que todas elas están feitas de células, publicando os seus resultados na súa ''Anatomía das plantas'' (''The anatomy of plants'', [[1682]]). [[Marcello Malpighi]]) aplicou o microscopio ao estudo da anatomía de toda clase de organismos; a súa ''Anatomía Plantarum'' ([[1671]]), contén as súas observacións sobre as plantas.
 
[[Bernard Palissy]]) explicou por que as plantas necesitan abono. [[Woodward]] amosou en [[1714]] que as sementes xerminadas non se desenvolven en auga pura, mais sí nun extracto de chan. Jan Van Helmont) deu os primeiros pasos para a comprensión do papel da auga na nutrición das plantas, pero foi [[Edme Mariotte|E. Mariotte]]) quen demostrou que para formar a súa masa as plantas necesitan ademais da auga, materia tomada do chan e do aire.
 
=== Século XVIII ===
 
=== A botánica moderna (desde 1945) ===
 
Unha considerable cantidade de novos coñecementos na actualidade foron xerados polo estudo das [[organismos modelo|plantas modelo]] como ''[[Arabidopsis thaliana]]''. Esta mala herba foi unha das primeiras plantas en ver o seu [[xenoma]] secuenciado. Outros máis importantes comercialmente como alimentos básicos como o [[arroz]], [[trigo]], [[millo]], [[cebada]], [[centeo]], e a [[soia]] están tendo tamén as súas secuencias do [[xenoma]]. Algunhas destas son un reto posto que teñen nas súas secuencias máis de dous xogos de [[cromosomas]] [[haploide]]s, unha condición coñecida como [[poliploide|poliploidía]], común no reino vexetal. Un alga verde ''[[Chlamydomonas reinhardtii]]'' (un célula, soa, verde alga) é outro modelo de organismo importante que foi extensivamente estudado e prové importantes coñecementos á bioloxía celular.
 
== Disciplinas ==