Asterisk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: hy:Աստերիսկ (ԱՀԿ)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: my:အက်စထရစ်; cambios estética
Liña 15:
'''Asterisk''' é unha implementanción de [[software libre]] e [[código aberto]] dunha centralita telefónica ([[PBX]]). Como calquera PBX, permite a unha extensión chamar a outras, e conectarse a outros servizos telefónicos como á rede telefónica internacional ([[Rede Telefónica Conmutada|RTC]]). O seu nome proven do asterisco, ''Asterisk'' en inglés, que en entornos Unix e DOS representa un comodín, sustituindo a calquera secuencia de caracteres no nome dun ficheiro.
 
== Licenza ==
Asterisk está publicado baixo unha licenza dual, a licenza libre [[GNU General Public License]] (GPL), e a comercial que permite a inclusión de código patentado ou pechado, como a extensión G.729 que permite ao sistema traballar con G729. [[Mark Spencer]] de [[Digium]] foi o creador de Asterisk e continua sendo o mantedor principal, aínda que ducias de programadores teñen contribuido no desenvolvemento do programa. Orixinalmente deseñado para sistemas operativos [[Linux]], actualmente pode executarse Asterisk en sistemas [[OpenBSD]], [[FreeBSD]], [[Mac OS X]], [[Sun Solaris]], e [[Microsoft Windows]], aínda que a plataforma "nativa", Linux, continua sendo a mellor soportada.
 
== Características ==
O software básico de Asterisk inclúe varias características que previamente só estaban dispoñibles en caros sistemas propietarios de PBX -- buzón de voz, conferencias, buzóns interactivos automáticos, e distribución automática de chamadas. Os usuarios poden crear novas funcionalidades escribindo scripts na linguaxe propia de Asterisk, engadindo módulos personalizados escritos en [[Linguaxe de programación C|C]], ou escribindo scripts usando a interface de Asterisk en [[Perl]] ou outras linguaxes.
 
Liña 37:
}}</ref>; algunhas ofrecen IAX2 ou direccionamento SIP cara a unha centralita Asterisk como alternativa a instalar no cliente un Adaptador de Telefonía Analóxica (ATA).
 
== Historia ==
Asterisk foi desenrolada por Mark Spencer, por aquel entón estudante de enxeñería informática na Universidade de Auburn, [[Alabama]]. Mark creara en [[1999]] a empresa ''Linux Support Services'', que daba soporte a usuarios Linux. Para iso necesitaba unha centralita telefónica, pero ante a imposibilidade de mercar unha, dados os seus elevados prezos, decidiu construir a súa propia centralita con un PC baixo Linux, usando a linguaxe C.
 
Liña 51:
}}</ref>.
 
== Desenvolvemento do proxecto ==
O modelo de desenvolvemento apoiase no uso do sistema de control de versións Subversion e no procedemento de informe de erros denominado Asterisk Bug Tracker. Este último conta á súa vez cun sistema de méritos, denominado ''Karma'', no que aparecen os colaboradores nun [[ránking]], de acordo cunha puntuación (positiva ou negativa) outorgada ás achegas realizadas.
 
Ademais empréganse as habituais ferramentas deste tipo de proxetos, como listas de correo, [[IRC]], ou documentación en liña.
 
== Estrutura organizativa ==
Mark Spencer é o organizador e principal desenvolvedor, apoiado por un grupo de colaboradores que reciben o nome de "administradores". Os administradores realizan principalmente llabores de programación e control do [[software]] xerado. Existe tamén un amplo grupo de programadores, chamados "managers", que poden achegar solucións a erros documentados ou crear novas funcionalidades. Por último están os denominados "reporters", todos aqueles colaboradores que realizan informes sobre os erros detectados.
 
Toda nova funcionalidade é probada exhaustivamente antes de formar parte do repositorio do sistema de control de versións e debe contar finalmente co visto bó dos responsabeis dos repositorios, de acordo a criterios de oportunidade, prioridade ou importancia da nova funcionalidade proposta.
 
== Industria relacionada ==
Existen moitas empresas relacionadas con Asterisk. A maior parte delas seguindo un dos modelos de negocio máis habituais do software libre, como é o de achegar valor engadido ao software, neste caso mediante o deseño, instalación, formación e mantemento de centralistas telefónicas baseadas en Asterisk.
 
Digium, a empresa creada por Mark Spencer, amplía este modelo de negocio tanto coa venda de hardware específico, fundamentalmente tarxetas de comunicación, como coa venda de [[software propietario]], entre o que destaca o ''Asterisk Business Edition'', aplicación baseada en Asterisk á que se lle incorporan certas funcionalidades con [[copyright]].
 
== Estrutura do programa ==
Asterisk, por si mesmo, non é un sistema completo. O administrador debe crear un plan de chamadas para que Asterisk responda aos usuarios. Si Asterisk vai ser usado como un PBX, ten que ser creado un plan de chamada especificamente para este propósito.
 
=== Configuración ===
Asterisk é controlado editando unha serie de arquivos de configuración. Un deles, <tt>extensions.conf</tt>, é o arquivo no que o administrador define que accións levará a cabo Asterisk cando as chamadas sexan recibidas. Unha linguaxe nativa é empregada para definir o contexto, as extensións e as accións. A programación tamén pode ser feita usando a interface AGI que permite programar en linguaxes como [[Perl]], [[PHP]], ou C.
 
Existen varias interfaces de usuario para Asterisk, sendo unha das máis populares FreePBX. Estas interfaces permiten aos administradores ver, editar, e cambiar a maioría das características de Asterisk a través dunha interfaz web.
 
=== Partes do sistema ===
A versión estábel de Asterisk está composta polos módulos seguintes:
 
Liña 83:
* Sounds: Aporta sonidos e frases en diferentes idiomas.
 
== Distribucións ==
Existen varias distribucións de Asterisk, normalmente incluidas nun sistema operativo. Algunhas son completamente libres, e outras comerciais.
 
== Notas ==
<references/>
 
== Véxase tamén ==
 
=== Outros artigos ===
* [[Inter-Asterisk eXchange|IAX]], protocolo desenrolado para usar dentro de Asterisk
* [[SIP]], protocolo Session Initiation Protocol
Liña 97:
* [[Elastix]], unha [[distribución]] [[Linux]] baseada en Asterisk
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.asterisk.org Páxina oficial de Asterisk] (inglés)
* [http://lists.digium.com/mailman/listinfo Listas de correo] sobre Asterisk, no sitio de Digium. (inglés)
Liña 104:
* [http://asteriskcounter.sinologic.net/ Asterisk Counter], contador e mapa de usuarios de Asterisk. (inglés)
* [irc://irc.freenode.net/asterisk #asterisk] en freenode
==== Distribucións ====
* [http://asterisknow.org/ AsteriskNOW], distribución Linux que inclúe Asterisk, unha GUI, e software relacionado. (inglés)
* [http://www.trixbox.org/ Trixbox], distribución Linux que inclúe Asterisk, unha GUI, e software relacionado. (inglés)
==== Empresas ====
* [http://www.digium.com Digium], empresa que nace a partir da creación de Asterisk. (inglés)
* [http://www.quobis.com/ Quobis], empresa galega especializada en solucións profesionais con Asterisk.
Liña 126:
[[ja:Asterisk (PBX)]]
[[lv:Asterisk]]
[[my:အက်စထရစ်]]
[[nl:Asterisk PBX]]
[[pl:Asterisk]]