Abrir o menú principal

Cambios

arranxiños ortográficos menores
[[Ficheiro:Alan Bean opuszcza pojazd LM. GPN-2000-001317.jpg|thumb|400px|right|Apollo 12. Alan Bean no módulo luar.]]
 
O '''proxecto ApoloApollo''' foi un programa de exploración espacial levado a cabo pola [[NASA]] entre febreiro de [[1966]] e decembro de [[1972]]. Constou de 17 misións, 11 delas tripuladas, que ocuparon 2.719 horas e 29 minutos. Este programa custou máis de 25,4 miles de millóns de dólares.
 
==Historia==
Para levar a cabo estas misións era necesario un foguete encargado de saca-lo aparello fóra da [[gravidade]] da Terra. Despois de diversas probas con varios modelos, e de varios experimentos, xurdiu o Saturn V que, despois dalgunhas modificacións sobor das probas, comezou a ser construído para as misións Apollo; foi un dos máis potentes da historia. Obtivo excelentes resultados, dos que se poden contar 13 lanzamentos sen ningún fallo, nin sequera nos voos de proba. O Saturn V situaba primeiro as naves Apollo na órbita e logo as impulsaba coa terceira e última fase, que as colocaba na traxectoria correcta cara á Lúa. Os cinco motores da primeira fase do foguete Saturn V consumían 12,9 toneladas de combustible por segundo. A forza propulsora xerada por los cinco motores era de 168.600 [[newton]]s, o que equivale ó empuxe de 160 reactores de Boeing 747. O peso total do Saturn V no momento do seu lanzamento, incluído o combustible, era de 3.000 toneladas.
 
O Saturn I soamente serviu para poñer a punto os elementos que ían permitir a construción dos seguintes foguetes da familia. Era un foguete de 2 etapas e de 590 toneladas lanzado por vez primeira no 29 de xaneiro de [[1964]] en modo experimental. Xa no [[1966]], trala as realizadas, foi chamado Saturn IB; fixo o seu lanzamento completo o [[26 de febreiro]] de [[1966]]. Tiña unha altitude de 69 metros, o diámetro era 6,606 metrosm e o seu peso seguía sendo de 590 toneladas. Das 2 etapas en que estaba feito, a primeira estaba chea de propergol (unha mestura feita por queroseno e osíxeno líquido que seguiría a utilizarse para o resto da familia). Dispuña de 8 motores principais e tiña un empuxe de 745 toneladas. A segunda etapa tiña un motor principal que consumía como propergol una mestura de hidróxeno e osíxeno líquido cun empuxe de 90,5 toneladas. A súa carga útil podíase ver deste xeito: satelización a 180 quilómetros do solo: 18 toneladas; sonda lunar: 5 toneladas e sonda até [[Marte (planeta)|Marte]] ou [[Venus (planeta)|Venus]]: 2 toneladas. PoloPola contrariocontra, o SaturnoSaturn V aproveita os motores e outras cousas dos antecesores, facendo del un lanzador de xigantescas dimensións; as que require para levar a cabo a misión Apollo. Para darse unha idea da súa magnitude con relación os anteriores SaturnoSaturn, este incluía unha terceira etapa. Fixo o seu lanzamento completo o [[9 de novembro]] de [[1967]] (lanzando a o espazo o Apollo 4), medía 111 metros de altitude e o seu diámetro máximo era de 10 metros cun peso de 2940 toneladas. Na primeira etapa, pesaba en baleiro 134 toneladas; podía acumular un peso de propergol de 2106 toneladas. En canto a propergol, como xa dixemos: queroseno e osíxeno líquido. Estaba dotada de 5 motores principais que daban un empuxe de 3500 toneladas. Na segunda etapa; o seu peso en baleiro era de 38,4 toneladas, podía levar 447 toneladas de propergol, composto, ó igual que na terceira etapa, de hidróxeno e osíxeno líquido. Dispuña de 5 motores principais cun empuxe de 520 toneladas. Entrados na terceira etapa diremos que pesaba en baleiro 11,5 toneladas, podía levar 120 toneladas de propergol, tiña 1 motor principal e desenvolvía un empuxe de 93 toneladas. A súa carga útil sería a seguinte: satelización a 180 quilómetros do solo: 145 toneladas; sonda lunar: 45 toneladas e sonda ateaté Marte ou Venus: 20 toneladas.
 
Amais dos 11 motores principais (dos que 10 -5 na primeira etapa e 5 na segunda- son do modelo F-1, namentres que o da terceira etapa era un J-2) que serven para propulsa-lo ten outros 30 motores auxiliares, para a súa estabilización, separación de etapas, etc. Durante o proceso de despegue do Saturn V calcúlase que o 5 % da potencia dos motores se converte en enerxía acústica. Así, nada menos que o equivalente de 200.000 kw vanse no ruído. Os F-1 dispuñan dunha altura de 5,5 metros, un diámetro de 3,8 metros que chegaba a 4,30 metros na tobeira, cun peso de 9,1 toneladas e a súa forza de empuxe de 771 toneladas; cun impulso de 260 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 790 kg/s de queroseno como combustible con 1.790 kg/s de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 68 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.900 [[ºC]]. O seu tempo de funcionamento máximo era de 150 segundos. Mentres que o motor da terceira etapa, un J-2 dispuña dunha altura de 3,4 metros, un diámetro de 2 metros que chegaba a 1,95 metros na tobeira. O seu peso viña sendo de 1,6 toneladas e a súa forza de empuxe de 102 toneladas; cun impulso de 424 segundos. Queimaba a mestura de propergol do seguintes xeito: 37 quilos/segundo de hidróxeno como combustible con 204 quilos/segundo de osíxeno líquido como comburente. Isto exercía unha presión na cámara de 54 kg/cm², poñéndose a unha temperatura de 3.178 °C. O seu tempo de funcionamento máximo era de 140 segundos reducíndose a 360 segundos despois.
 
A primeira vez que o módulo lunarluar do ApoloApollo viaxou ó espazo foi en marzo [[1969]], cando os astronautas do Apollo 9 practicaron nunha órbita terrestre as futuras operacións do aluaxe: a acoplaxe, a desacoplaxe e a propulsión do módulo lunar. Dous meses despois o Apollo 10 voou até a Lúa e o módulo descendeu até situarse a 8 km da superficie. O único que non se fixo nesta misión foi aluar.
 
==Misións==
A continuación ofrécese un resumo (xa que cada parte merece un profundo estudo por separado), déixase claro que o seguinte termo que vai tratar as misións ApoloApollo (dende a 01 ateaté a 17) se exporá da seguinte forma: Nome da misión (de cara ó público), nome do lanzador, código de lanzamento (aquí figura o tipo de lanzador e mailo número de misión, exemplo -AS-201-: siglas AS, (ApoloApollo SaturnoSaturn), tipo de lanzador 2, número de misión lanzador 01)
 
No Apollo 1 reséñase unha data que non vai de acordo coa nomenclatura dos ApoloApollo; isto débese a que este ía se-lo primeiro voo tripulado, no que se empregaba o novo lanzador, o Saturn V. A NASA denominouno dese xeito en honra da xente que morreu no transcurso das probas.
 
O proxecto Apollo continuou con dúas misións máis, pero non de exploración na Lúa, senón acoplamentos da nave Apollo coa nave Soyuz, polo que se coñecen como misións Apollo-Soyuz.
O foguete Saturn 1B, da misión AS-201, lanzouse dende a torre 34 do complexo de lanzamentos de Cabo Cañaveral ([[Florida]]) o sábado [[26 de febreiro]] de [[1966]],ás 11:12:01. A misión realizouse sen tripulación, era un voo suborbital de proba de baixo rango. Só estivo en funcionamento preto de 37 minutos (00:36:59), alcanzando unha altitude de 488 km, e a súa cápsula foi recollida no [[océano Atlántico]] a uns 8.472 km de distancia do seu lanzamento.
 
Os seus obxectivos principais eran confirma-la integridade estrutural da combinación do vehículo e da nave espacial de lanzamento e controla-la operatividade de seus sistemas. O perfil da traxectoria foi deseñado tal que un vehículo sería acelerado a unha altitude relativamente alta e despois conducido novamente dentro da [[atmosfera terrestre|atmosfera]] da Terra, causando altas cargas de temperatura, dando por resultado unha aterraxe perceptiblemente distante do punto do lanzamento; tamén se verificaron as operacións da propulsión do SaturnoSaturn, enderezo e control e os subsistemas eléctricos.
 
===Apollo 1. Saturn V. AS-204===
[[Ficheiro:Apollo 1 - 02.jpg|right|250px]]
Os inicios do programa Apollo foron tráxicos. Na tarde do venres [[27 de xaneiro]] de [[1967]] o Apollo 1, que debía se-lo primeiro da serie, foi vítima dun incendio ó saltar unha faísca mentres os astronautas Virgil "Gus" Grissom (o primeiro astronauta en viaxar nas tres misións, Mercury, Geminis e Apollo), Edward White e Roger Chaffee probaban os sistemas do módulo de mando da nave. A atmosfera da cápsula era de osíxeno puro, un gas moi inflamable. O lume estendeuse rapidamente e os astronautas morreron sen posibilidade de escape. Despois daquela catástrofe, modificouse o deseño da nave ApoloApollo para evitar outro accidente similar e engadiuse unha saída de emerxencia.
 
Virgil I. Grissom, Edward H. White II e Roger B.Chaffee practicaron unha simulación de lanzamento para unha misión AS-204 de 14 días na órbita terrestre. Xa pasaran un ano de adestramento perturbado por avarías constantes do simulador de voo do módulo de mando. Viran atrasada a entrega da súa nave, en particular porque o sistema de climatización tivo que ser substituído. Xurdiron problemas de novo, cando Grissom se queixaba dun forte olor a leite na atmosfera da cabina. Estaba programado un ensaio de evacuación de urxencia, pero os pilotos non tiveron tempo de cumprilo. Ás 18:31 morreron no incendio que se esparexeu brutalmente na cabina. Pasaran ó redor de cinco minutos cando puideron abri-la comporta exterior. Sospeitouse dun cable defectuoso e a mala calidade da realización, pero non se puido descubri-la orixe exacta do incendio.
O Apollo 6 lanzouse dende a torre de lanzamentos 39-A de Cabo Cañaveral ás 07:00:01 do xoves [[4 de abril]] de 1968. O voo de proba non tripulado en que culminou nesta misión foi o segundo cun foguete Saturn V. Aínda que o vehículo de lanzamento tivo problemas, a nave Apollo funcionou correctamente, cun [[apoxeo]] de 367 km e un [[perixeo]] de 178 km. Aterrou no [[océano Pacífico]], xusto no punto definido e recuperado polo buque Okinawa do [[U.S.S.]]. Os cinco motores da primeira fase do foguete Saturn V consumían 12,9 toneladas de combustible por segundo. A forza propulsora xerada por eses cinco motores era de 168.600 newtons, o que equivale ó empuxe de 160 reactores de Boeing 747. O peso total do Saturn V no momento do seu lanzamento, incluído o combustible, era de 3.000 toneladas. A misión durou 10 horas, 22 minutos 59 segundos.
 
===Apollo 7. SaturnoSaturn 1B. AS-205===
O Apollo 7 foi lanzado dende a torre de lanzamentos 34 de Cabo Cañaveral, ás 11:02:43 do venres [[11 de outubro]] de 1968. Foi o primeiro voo tripulado do proxecto Apollo mediante o sistema propulsor Saturn 1B, na súa primeira proba con tripulación. Os astronautas Walter M. Schirra (comandante), R. Walter Cunningham (piloto do módulo luar) e Donn F. Eisele (piloto do CSM). Donn foi substituído no Apollo 1, por unha lesión no ombro nun simulador. O módulo de comando fora redeseñado despois do incendio en que perderan a vida Grissom, White e Chafee.
 
 
===Apollo 8. Saturn V. AS-503===
O foguete foi lanzado ás 7:51:00 do sábado [[21 de decembro]] de 1968 dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy, e tres días despois estaba en órbita lunar. A tripulación da misión Apollo 8, pasou á historia por se-la primeira en escapar á gravidade terrestre e realizar un viaxe de case 400.000 km ataaté a Lúa, dando dez voltas arredor da mesma. Os astronautas Bormam, Lovell e Anders dedicáronse a localizar posibles lugares de aluaxe. Neste intre a misión consistía en aplicar unha inxección translunar ás 2:56:05.5 horas facendo que a nave alcanzase 376.745 km de distancia máxima da Terra; inxección en órbita lunar ás 69:08:20 horas que faría que a nave orbitase a 312 km por 111 km da Lúa; despois de facer 20 horas e 10 órbitas o redor do satélite recibe unha nova inxección transterrestre ás 89:19:17 horas que devolve a nave cara á Terra.
 
Os tres astronautas do ApoloApollo 8, [[Frank Boorman]] (comandante), [[James Lovell]] e [[William Anders]], foron os primeiros en facer un voo arredor da Lúa. Na súa volta puido comprobarse que o sinal do módulo non chegaba a Terra cando este pasaba por tras do satélite. O control de Terra tivo que esperar a que a nave reaparecese para comprobar que todo funcionaba correctamente. Os astronautas do Apollo 8 foron os primeiros en presenza-lo [[orto]] da Terra por enriba da Lúa. A nave describiu unha órbita de 190 km no apoxeo por 180 km no apoxeo. O tempo da misión estableceuse en 7 días, 3 horas e 42 segundos (147:00:42).
 
Seis días despois do seu lanzamento, o ApoloApollo aterrou o [[27 de decembro]] de 1968, as 10:52 a 8º 7' 30" Ne 165º 1' 12" W, no océano Pacífico a 2,5 km do punto establecido. Os tripulantes foron rescatados polo buque Yorktown dos U.S.S. as 12:20.
 
===Apollo 9. Saturn V. AS-504===
O Apollo 9 despegou ás 11 da mañá do 3 de marzo de 1969 dende a torre 39-A, tripulado por McDivitt, Scott, Schweickart. O seu principal obxectivo era realizar probas de separación, atopo e acople do módulo luar (ML) de aterraxe, en órbita terrestre, pilotado por primeira vez no espazo por McDivitt nunha misión de 151 voltas á Terra. Durante un paseo espacial de 38 minutos, Schweickart probou por primeira vez o sistema de soporte vital do ApoloApollo. Antes da aluaxe. A nave describiu unha órbita de 192 por 190 km.
 
Esta era a primeira vez que o módulo luar viaxa ó espazo e os astronautas do Apollo 9 practicaron nunha órbita terrestre as futuras operacións da aluaxe: o acoplamento, o desacoplamento e a propulsión do módulo luar chamado Spider que estaba aloxado na segunda etapa do Saturn. Despois do acoplamento as dúas naves separáronse ateaté unha distancia duns 160 km. O módulo luar foi probado, os seus motores acendéronse para alcanzar unha nova órbita, separouse da etapa inferior de aluaxe e acoplouse de novo no ApoloApollo chamado Grumdop. Aterraron o 13 de marzo de 1969 as 12:01 no océano Atlántico, a 23º 12' 30" N e 67º 56' W. A tripulación foi rescatada ás 12:45 polo buque Guadacanal dos U.S.S. A misión durou 10 días e 1 hora, e incluíu algún feito non previsto, aoó vomitar en dúas ocasións o piloto do ML, Russell L. Schweickart.
 
===Apollo 10. Saturn V. AS-505===
Ás 0:52 do [[26 de maio]] de 1969 amenizaron no océano Pacífico, a 15º 2' S e 164º 39' W, sendo a tripulación rescatada ás 13:31 polo buque Princeton dos U.S.S. O programa Apollo estaba xa listo para levar astronautas á Lúa.
 
===ApoloApollo 11. Saturn V. AS-506===
{{AP|Apollo 11}}
[[Ficheiro:Apollo11_LOGO.JPG|right|250px]]
O regreso do Apollo 11 realizouse sen contratempos e a nave caeu nas augas do [[océano Pacífico]], a 13º 19' N e 169º 9' W, ás 12:50 do 24 de xullo, sendo recuperada ás 13:53 polo buque Hornet dos U.S.S. cerca de [[Hawai]]. A misión durou 8 días, 3 horas, 18 minutos e 35 segundos (195:18:35). Ante a posibilidade de que organismos lunares contaminasen a Terra, os astronautas vestíronse con traxes de illamento biolóxico antes de saír da nave e foron sometidos a unha corentena de tres semanas. A súa saúde non se viu afectada. O programa Apollo foi de considerable importancia na industria americana, xa que agrupaba, no momento de máxima actividade, a 20.000 sociedades e a máis de 350.000 persoas de forma directa.
 
===ApoloApollo 12. SaturnoSaturn V. AS-507===
O voo saíu ás 11:22 do venres [[14 de novembro]] de 1969 da torre 39-A de Cabo Cañaveral, levando a bordo os astronautas Charles Conrad, Richard F. Gordon e [[Alan Bean|Alan L. Bean]]. Unha vez en órbita lunar, Conrad (piloto e comandante) e Bean (piloto do módulo luar), pasaron a este último. Pousaron ó norte da cadea montañosa Riphaeus (no océano das Tormentas, a 3º S 23º 27' W, a uns 180 metros do lugar onde o fixera dous anos antes o Surveior 3. Os dos astronautas exploraron as inmediacións, en dúas fases de case catro horas cada unha. Nunha delas ocorreu o seguinte: ''-Hei! Aí está! Aí está! Oh, meu deus! Xusto no medio do camiño! Non podo crelo! Sorprendente! Fantástico!'' "Pete" Conrad xunto ó Surveior 3. No fondo, o módulo lunar Intrepid e unha antena parabólica para transmitir TV e datos á Terra.
 
A nave Apollo 12 aprestábase a concreta-la segunda aluaxe tripulada da historia. A man de Conrad foi cara á cámara de televisión do Surveior. Mentres Richard Gordon orbitaba a Lúa no módulo de comando Yankee Clipper, Conrad e Bean debían pousa-lo módulo de descenso Intrepid a corta distancia da Surveior 3, unha sonda que aluara dous anos e medio antes, o [[19 de abril]] de [[1967]], camiñar ataaté ela e retira-la cámara de TV para traela de regreso. O Surveior estaba no bordo dun suave cráter que, xunto con outros dos arredores, sería visto polos astronautas como o ombreiro dun boneco de neve a medida que se aproximaran á árida superficie. O Intrepid aluou a menos de 200 metros do Surveior e alí permaneceu 31 h e 31 min. A mesma noite da chegada, na segunda camiñada, acercáronse á sonda e cuns alicates especialmente fabricados arrincaron a cámara de TV. Pódese dicir que as transmisións da cámara de TV interrompéronse aoó pouco tempo por un defecto nela.
Realizaron probas científicas, tiraron fotografías, recolleron mostras de solo lunar e recolleron algúns elementos da sonda Surveior 3 para examinalos de camiño á Terra. Despois de despegar e acoplarse á nave que pilotaba Gordon, amerizaron con éxito ás 15:58 no Océano Pacífico a 7,25 km do punto de contacto, e foron recollidos o luns 24 de novembro polo U.S.S. Hornet. Tamén foron sometidos a corentena. O Apollo 12 supuxo un grande adianto respecto do Apollo 11, en especial na precisión do aluaxe, o que levou a planea-la posibilidade de que o Apollo 13 aluase en terreo máis accidentado. A misión durou 10 días, 4 horas, 36 minutos e 25 segundos (244:36:25).
 
===Apollo 13. Saturn V. AS-508===
O Apollo 13 foi lanzado ó espazo ás 13:13 do sábado 11 de abril de 1970, levando a bordo o veterano Lovell (o astronauta con máis horas no espazo (572) antes de enrolarse nesta misión, que xa estivera no Geminis 7, no Geminis 12 e no Apollo 8), xunto con Fred W. Haise e a John L. Swigert. Estaba previsto que a tripulación do Apollo 13 fose a terceira en pisar a Lúa, pero ás 22:00 (hora da costa oeste) do luns 13, cando o ApoloApollo estaba a 370.000 km da Terra, con destino de aterrar na rexión lunar de Fra Mauro, tivo lugar unha avaría nun tanque de osíxeno. Instantes despois soaba no centro base da NASA a comunicación ''«Houston, temos un problema»''. O segundo tanque de osíxeno explotara, rematando a fonte elemental para a respiración da tripulación. Dende o centro espacial de Houston deseñouse un plan de emerxencia para que os cosmonautas volvesen sans e salvos, utilizando os sistemas do módulo de mando para a navegación, corrección de rumbo e regreso a Terra, despois de dar a volta á Lúa sen aterrar nela.
 
Apagáronse tódolos mecanismos que puidesen restar enerxía á nave, e logo de momentos de gran tensión por mor das dificultades para recupera-la órbita con destino á Terra, finalmente a tripulación aterrou con éxito. O venres 17 de abril de 1970 aterrou a 6,4 km da illa Pago Pago, no sur do océano Pacífico, e foron recollidos polo U.S.S. Iwo Jima as 13:07. A pesar do incidente a NASA cualificou o voo como un fracaso exitoso debido ás experiencias obtidas no rescate da tripulación. A misión durou 5 días, 22 horas, 54 minutos e 41 segundos (142:54:41).
 
Esta misión foi levada aoó cine co título de ''[[Apollo XIII (filme)|Apollo XIII]]''.
 
===Apollo 14. Saturn V. AS-509===
O Apollo 14 retomou a fracasada misión do seu predecesor, despois de efectua-las modificacións necesarias para evitar fallos como o ocorrido no Apollo 13. Foi lanzado o domingo 31 de xaneiro de 1971 dende a torre 39-A do Centro Espacial Kennedy ás 16:03. Shepard e Edgar D. Mitchell aluaron con éxito co módulo luar Antares sobre a accidentada zona do cráter Fra Mauro (3º 37' S 17º 29' W), onde recolleron numerosas mostras de roca dunha rexión diferente ás que xa exploraran. Mentres, o astronauta Stuart A. Rossa permanecía en órbita luar pilotando o módulo de comando Kitti Hawk. O voo fíxose famoso porque antes de saír da Lúa, Shepard (que sacou dun dos petos do traxe espacial unha bóla de golf e a golpeou cunha extensión de recolle-las rocas, segundo súas palabras a bóla voou e voou varios quilómetros) e Mitchell, estiveron máis de nove horas explorando a zona, na que se atoparon os fragmentos de roca máis antigos, recollendo uns 43 kg de mostras xeolóxicas e instalando instrumentos científicos. Regresaron sen problemas á Terra o 9 de febreiro de 1971, onde aterraron a 7 km do punto prefixado as 16:05, no océano Pacifico. Foron recollidos polo U.S.S. New Orleans e o 12 de febreiro foron sometidos en Houston a unha corentena ateaté o 26 do mesmo mes. A misión durou 9 días (216:01:57).
 
===Apollo 15. Saturn V. AS-510===
O Apollo 15 foi lanzado o luns 26 de xullo de 1971 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy, en Florida. Levaba a bordo aoo piloto de probas da USAF David R. Scott, que xa voara na Geminis 8 (1966) e no Apollo 9 (1969). Usou o primeiro automóbil luar, o Moon Rover, como comandante. Amais, ían o piloto da forza aérea James Benson Irwin (que soltou unha pluma e un martelo para demostrar que, como predixera [[Galileo]], caían á mesma velocidade no baldeiro) como piloto do módulo luar Falcon e Alfred M. Worden como piloto do módulo de comando Endeavour. Despois de aterrar no Hadley-Apennine (26º 5' N e 3º 39' E), Scott e Irwin pasaron dous días na Lúa e 18 horas fóra do módulo, á beira do mar Imbrium, próximos á fisura de Hadley, de 366 m de profundidade, e á cadea montañosa dos Apenninos, unha das máis altas da Lúa.
 
Durante a súa exploración da superficie lunar, de 18 horas e 37 minutos de duración, recorreron máis de 28,2 km cun vehículo eléctrico de exploración lunar de catro rodas o Moon Rover. Instalaron instrumentos científicos e recolleron uns 91 kg de rocas, entre elas o que se pensaba que era unha mostra cristalina da cortiza orixinal da Lúa, dunha antigüidade duns 4.600 millóns de anos. A tripulación do Apollo 15 deixou unha cámara de televisión para retransmiti-lo despegue de Irwin e Scott, e antes de deixa-la órbita lunar soltaron un subsatélite de 35,6 kg, deseñado para transmiti-la información sobre os campos magnéticos, gravitacionais e de alta enerxía do espazo lunar. Durante a seu regreso, Worden realizou un paseo espacial de 16 minutos, cando a nave estaba a 315.400 km de distancia da Terra, unha distancia récord para os paseos espaciais realizados ataaté entón. Os astronautas de ApoloApollo 15 amararon sen problemas o 7 de agosto, a uns 530 km ó norte de Hawai e 10 do punto de contacto, sendo recollidos polo U.S.S. Okinawa. Foi a primeira tripulación de volta da Lúa que non se someteu a corentena. A misión durou 12 días, 17 horas, 11 minutos e 53 segundos (295:11:53).
 
===Apollo 16. Saturn V. AS-511===
[[Ficheiro:RoverLua.JPG|thumb|right|O Moon Rover e a Challenger, na misión Apollo XVII.]]
 
A última misión do programa luar despegou ás 12:33 do xoves 7 de decembro de 1972 dende a torre 39 do Centro Espacial Kennedy. 11 minutos e 53 segundos despois da ignición entraba en órbita terrestre. Despois de dar dúas revolucións, as 08:45:37 do tempo universal o Apollo 17 foi inserido en curso transluar. Durante a viaxe, de 13 días de duración participaron o veterano astronauta Cernan (piloto naval, que xa voara na Geminis 9 e no Apollo 10, última persoa en deixar pegada na Lúa, na chaira de Taurus-Littrow, 20º 10' N e 30º 46' E), o xeólogo Harrison H. Schmitt (adestrado coma piloto da forza aérea especialmente para ir á LuaLúa como piloto do módulo luar, único científico que estivo alí), e Ronald B. Evans. Os dous primeiros pasaron 75 horas na Lúa (récord de permanencia) e recorreron 35 km no Moon Rover, explorando a zona do val do Taurus- Littrow, un canón situado xunto ó mar da Serenidade, mentres Ronald B. Evans permanecía en órbita no módulo de mando América arredor do satélite con cinco ratos para estudios.
 
Antes de abandona-la Lúa, Cernan colocou unha placa conmemorando o final do Programa Apollo de exploración á Lua. O 19 de decembro os tres homes regresaron á terra, a súa cápsula caeu ó Pacífico as 14:25, preto da illa de Samoa, a 6,4 km do punto previsto. A tripulación foi recollida polo U.S.S. Ticonderoga, 52 minutos mais tarde despois de rematar a misión que durou 12 días, 13 horas e 52 minutos (301:52:00). Este último lanzamento custou máis de 450 millóns de dólares. Richard Nixon sinalou que así se marcaba o fin dun dos capítulos máis significativos da historia do home.