Wikipedia:A Taberna (políticas)/Arquivo 4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Elección de artigos a crear
Liña 251:
== Elección de artigos a crear ==
 
Levo moito tempo vendo que se inclúen artigos sobre pequenos concellos e municipios (eu mesmo introducín algunha información ao respecto) pero, ¿non deberiamos centrarnos máis en cubrir os artigos básicos? Considero que un artigo é básico cando é común a tódalas wikipedias que tomemos como referencia. Por exemplo, Baloncesto é básico, Salceda de Caselas non. A verdadverdade é que isto é unha pregunta máis ca unha proposta. Quero saber qué opinades, qué debería ser a galipedia. Se deberiamos centrarnos en Galiza e partir de ahí, ou se deberiamos centrarnos no que outras wikipedias teñen e deixar as cousas que non teñen como menos prioritarias. Personalmente vexo pros e contras a ambas posturas, se ben a primeira significaría que hai moita información dispoñible para seren traducida. Desde logo, a elección sempre será da persoa que crea cada artigo. Se eu quero crear un artigo sobre Salceda (coido que xa debe existir, non o comprobei, espero que o autor, de habelo, non tome isto como algo persoal) ninguén me debería dicir que non podo. Pero poderiamos dar mensaxes coas preferenzas, igual que Jim Walles di cousas como "mellor calidade que cantidade".
 
--[[User:IvanPerez|IvanPerez]] 04:06, 17 setembro 2006 (UTC)