Hermafroditismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: ta:அழிதூஉ; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Mercury symbol.svg|thumb|250px|right|Símbolo ás veces asociado ao hermafroditismo, derivado do símbolo grecorromano de [[Hermes]]/[[Mercurio (deus)|Mercurio]].]]
O '''hermafroditismo''' dáse cando un mesmo [[ser vivo]] ten os aparellos sexuais [[masculino]] e [[feminino]] ou un aparello mixto, pero é capaz de producir [[gameto]]s de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia. Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos [[coral|corais]], nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de hermafrodita é o [[percebe]].
== Fecundación cruzada ==
Aínda que os seres vivos hermafroditas producen os dous tipos de gametos, de cando en vez fecúndanse a si mesmos. Se se exceptúa algún caso como as [[tenia]]s, que si poden autofecundarse (de todos os xeitos esta fecundación nunca se produce no mesmo [[Xenital|aparello reprodutor]], dous [[proglótide]]s uniríanse para a fecundación), os restantes hermafroditas necesitan a colaboración doutro conxénere para reproducirense. Nas [[plantas]] sucede o mesmo, pois aínda que as [[flor]]es posúen os dous sexos, os gametos maduran a distinto tempo, polo que se require unha [[polinización]] cruzada para levar a cabo a [[fecundación]].
 
Liña 9:
 
O hermafroditismo considérase como un indicio de reprodución máis primitiva que a unisexualidade, como o demostra a súa frecuencia entre organismos máis primitivos e a progresiva separación de sexos a medida que avanzamos na escala evolutiva animal.
== Hermafroditismo e humanos ==
Existen diferentes casos que son similares ao hermafroditismo na [[ser humano|especie humana]]. Un dos casos máis famosos foi o de [[Herculine Barbin]].O termo máis correcto para referirse a unha persoa con estas condicións é [[intersexual]]. O [[síndrome de Klinefelter]] produce individuos con intersexo.<ref>[http://www.isna.org/ Intersex Society of North America ] {{en}}</ref>
 
O termo médico hermafroditismo verdadeiro aplícase aos casos con gónadas de ambos os sexos en distintas proporcións, xa que nalgúns casos conteñen folículos ováricos e túbulos seminíferos na mesma gónada (ovotestis). no entanto, en humanos non hai ningún caso constatado medicamente de auténtico hermafroditismo (é dicir, coa capacidade de producir [[óvulo]]s e [[espermatozoide]]s ao mesmo tempo).
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
Liña 70:
[[sr:Хермафродит]]
[[sv:Hermafrodit]]
[[ta:அழிதூஅழிதூஉ]]
[[tg:Гермофродит]]
[[tr:Hermafroditlik]]